eu

eu
eu

xoves, 29 de xuño de 2017

No primeiro cabodano de Ramón Rocamonde, “Roca” (+28.6.2016)



LUMINOSA BONDADE




Contra o azar cruel da vida
que te nos levou
e contra a mordaza
das horas que pasan
en fondo silencio
sen a túa voz amiga
vive teso, medra aínda
e alampea en nós
a cada hora
o rastro luminoso
da túa bondade
carente de límites,
o maxisterio da túa entrega,
xenerosa e lanzal,
o compromiso
que levaches sempre
limpo e sincero
no fondal do peito
e que agora che devolvemos
multiplicado
na medula
destes pobres versos
que quixesen ser
coma flores
para o teu sorriso.


luns, 19 de xuño de 2017

Presentación da revista Nova Ardentía


A FEDERACIÓN GALEGA “CULTURMAR”

comprácese en convidalo á presentación do

noveno número da revista NOVA ARDENTÍA

que terá lugar o vindeiro mércores, 21 de xuño de 2017,

a partir das 19.45 horas,

na Libraría Couceiro de Santiago de Compostela

(Praza de Cervantes, nº 6),

coa participación de



Emilio Xosé Ínsua, coordinador da revista

Sole Rei, deseñadora da revista

Francisco Fernández Rei, membro do consello de redacción

Xaquín Lores, directivo de “Culturmar”



Agardado a súa presenza, reciba un saúdo cordial