eu

eu
eu

martes, 1 de novembro de 2016

Na morte do meu amado pai

O pasado venres 28 de outubro faleceu en Viveiro meu pai, Emilio Antonio Ínsua García.

Para el, que xa descansa para sempre, estes versos de amor, escritos na madrugada do día da súa definitiva partida.




 O corazón está en vixilia
mentres te nos vas indo, pai.

Foches un agasallo da vida,
un orballo de agarimo entregado
constantemente.

Non houbo sede
para a que non tiveses
auga que nos dar.

Non houbo soño
ao que non lle insuflases
amor, alento e riso.

Non houbo un só intre
en que nos fallase 
o teu aceno de amor
inundándonos o corazón
por sempre e para sempre.

9 comentarios:

  1. As miñas máis sinceras condolencias. A vida é dura en moitas ocasións, e nalgunhas delas lévase de xeito inevitable o que máis queremos, sentíndonos impotentes ao non poder facer nada ao respecto a pesares de desexar que as cousas sucederan doutra maneira.

    ResponderEliminar
  2. Ola Emilio, fermoso poema, só quería facerche chegar o meu agarimo na túa perda tan grande. Moito ánimo dende o outro lado da ría. Bks.

    ResponderEliminar
  3. Unha forte aperta para ti, Antón e todos os teus. Carlos Aymerich

    ResponderEliminar
  4. Unha forte aperta, con castañas quentes nas mans. Para ti e os teus,

    ResponderEliminar
  5. Emilio: recibe unha aperta cálida e solidaria de quen vos aprecia desde a beira do Tea. AR

    ResponderEliminar
  6. Apertas a Uxi, Antón , vosa nai e mais ti. Viveiro botará en falta un paseante afable e sabio.

    ResponderEliminar
  7. Moito ánimo e todo o meu pesar.
    Francisco Xavier Redondo Abal

    ResponderEliminar
  8. Querido Emilio, envíoche unha aperta agarimosa e sentida dende Madrid que fago extensiva a toda a túa xente.
    Jaime Mariño.

    ResponderEliminar