eu

eu
eu

venres, 1 de maio de 2015

SOBRE A FIGURA DO ALMIRANTE CHICARRO


O Almirante Chicarro

Un día 6 de xullo de 1812 nacía en Viveiro o neno Nicolás Fernández Chicarro Leguinechea, quen había de acadar, andado o tempo, un lugar destacado na historia da Mariña de guerra hispana, como ben se encargou de recrear o chorado escritor Fernando Güemes na súa obra Navegar el siglo.

Ano e pico máis novo que Nicomedes Pastor Díaz, o futuro almirante Chicarro foi bautizado polo sacerdote Juan Maseda o día 8 de xullo daquel 1812. O seu nacemento en Viveiro, porén, tivo moito de circunstancial, pois era fillo do mariño da Armada Joaquín Fernández Chicarro y de la Vega, destinado provisionalmente na vila do Landrove pola Comandancia de Ferrol para xestionar asuntos relativos á “matrícula do mar”, e da moza vasca, natural de Gernika por máis señas, Margarita Leguinechea, con quen aquel casara na Graña (Ferrol) o 4 de xaneiro de 1807. 

OS DEVANCEIROS PATERNOS DE CHICARRO 

Seguindo os estudos feitos en 2006 polo profesor Juan M. Bartolomé Bartolomé, podemos dicir que a saga familiar paterna de Don Nicolás, os Fernández-Chicarro, tiña asento desde cando menos o século XVIII na cidade de León e pertencía á burguesía mercantil, con negocios de venda de cera, panos e sedas, arrendo de gando, adegas, etc. Dispuña dun local comercial en plena Praza Maior leonesa e residía no emblemático barrio de San Martín. O bisavó paterno do noso futuro almirante, Antonio Fernández-Chicarro, aparece citado no Catastro de Ensenada como próspero comerciante da capital leonesa, naquela altura viúvo e con tres fillos. 

Un deses tres fillos, Agustín Fernández-Chicarro, que ha morrer en 1816, será o continuador dos negocios familiares, con especial relevancia na rama téxtil e na produción e distribución vitivinícolas. Dun primeiro matrimonio con Rafaela de la Vega, muller que procedía da vila leonesa de Villamañán pero que tiña asemade ascendentes na localidade galega de Palas de Rei, ese Agustín tivo tres fillas (María, Teresa e Pascuala) e catro fillos: Justo; Mariano, que seguiu carreira eclesiástica e acabou os seus días exercendo de cóengo conventual; José, que foi quen continuou cos negocios familiares; e finalmente, Joaquín, pai do noso protagonista, que fixo carreira militar como alférez de fragata da Armada, con destino en Ferrol.

O citado José fundou en 1801, con seu pai Agustín e seu cuñado Antonio Puelles, a compañía “Chicarro e Hijos”, que acabaría disolvéndose en 1814, e grazas aos procesos desamortizadores, á súa pericia para os negocios e ao seu ben dotado casamento con Rosa Alonso, levou aos Fernández-Chicarro ao punto máis álxido de prosperidade e patrimonio, ata a súa morte, acontecida en 1848. 

Do pai de Nicolás, Joaquín, tense ocupado o erudito Dalmiro de la Válgoma y Díaz-Valera no volume Los Guardia Marinas Leoneses 1719-1811 (1941). Por el sabemos que sentou praza de garda mariña no Departamento de Ferrol o 22 de xuño de 1792 e que acadou o rango de tenente de navío o 23 de febreiro de 1809, en plena loita contra os franceses. Sinala o cronista Donapetry na súa Historia de Vivero y su Concejo (1953, pp. 442-444), pola súa vez, que do matrimonio de Joaquín con Margarita Leguinechea naceron, ademais de Nicolás, outros dous fillos varóns, chamados Mateo e Agustín, respectivamente, que seguiron tamén carreira na Armada, mais que morreron moi novos. 

ACCIÓNS HEROICAS NA PRIMEIRA GUERRA CARLISTA 

Aínda que xa se discutiu o asunto nas Cortes gaditanas de 1812, foi en 1836 cando se suprimiron definitivamente as “probas de nobreza” para o acceso á oficialidade no Exército hispano. Moitos elementos da cada vez máis potente clase burguesa mercantil, como é o caso de Joaquín Fernández-Chicarro e dos seus propios fillos, Mateo, Agustín e Nicolás, encontraron así na milicia unha boa vía de ascenso e recoñecemento social. O mesmo podería predicarse doutras distinguidas familias mercantís do Viveiro de comezos do XIX, como a dos García Dóriga, pois como é sabido un fillo de Don Cipriano e irmán do escritor Alfredo, José, tamén fixo carreira no Exército. O cursus honorum militar no axitado século XIX hispano (invasión napoleónica, guerras de independencia das colonias americanas, guerras carlistas, aventura africanista, intervención en México, guerras de Cuba, etc.) ofrecía, está claro, unha constante posibilidade de distinción, recompensa e ascenso vía méritos de guerra.

Nicolás Chicarro responde plenamente a certo perfil frecuente no seu tempo: o de fillo de militar de carreira que ingresa moi novo na Armada, que accede axiña ao oficialato (con tan só 23 anos) e que se distingue pola súa afouteza e ousadía en sucesivos episodios bélicos, o que fai que gañe recoñecementos e ascensos meteóricos. No seu caso, o escenario primeiro das heroicidades vai ser a cornixa cantábrica peninsular, no marco do enfrontamento entre os liberais, bando no que Chicarro milita con fervor, e as hostes defensoras dos dereitos de Don Carlos ao trono.


En diversos combates durante a Primeira Guerra Carlista (1833-1839), Chicarro dá mostras de valor e pericia que lle abren as portas a sucesivos ascensos. Como parte da dotación do bergantín Guadiana participa en 1834 en varios desembarcos en Pasaia, Donosti e Getaria. Serviu logo nas baterías defensivas de Portugalete e a finais de 1836 tomou parte en diversas accións decisivas na batalla de Bilbao, bastión liberal cercado polos carlistas. É entón cando logra facer chegar un buque con víveres e municións á cidade sitiada, rompendo o cerco de que era obxecto. O “parte” que desde Bilbao e con data de 3 de novembro envía ao ministerio de Mariña o daquela comandante xeneral interino das forzas navais da costa de Cantabria, brigadier José Morales de los Ríos, sinala que na acción participou, entre outros buques, “un quechemarín con municiones y víveres para la plaza, custodiado por el guarda-marina don Nicolás Chicarro con diez artilleros”. Noutro parágrafo do seu informe o amentado brigadier indica que cando os fusileiros carlistas de Olaviaga romperon fogo sobre o convoi liberal, “fueron contestados por la gente del Clotilde y la tropa que dirigía Chicarro con mucho acierto” (Cf. Eco del Comercio, Madrid, nº 935, 20.11.1836). 

Tamén estivo presente o ilustre fillo de Viveiro nos ataques e capitulacións das vilas de Irún e Ondarribia, os días 17 e 18 de decembro de 1837, respectivamente. En 1838 manda o canoneiro Veloz e entra de noite na ría de Somorrostro, baixo intenso fogo de fusís, para apreixar un barco cargado de provisións para os carlistas e conducilo a Portugalete. A comezos de 1839, nunha nova acción na ría de Bilbao, consegue en colaboración con outros oficiais liberais que as tropas carlistas se repreguen desde as Arenas ata Algorta. O comandante xeneral das forzas navais do Norte, o xa citado Morales de los Ríos, diríxese entón ao secretario de Estado para declarar que “no puedo menos, Excmo. Sr., que recomendar a V. E. a teniente de navío don Pedro Carvajal, asegurando á V. E. me hallo muy satisfecho del buen comportamiento del de la misma clase don Blas Quesada, y de los alféreces de navío don Nicolás Chicarro y don Manuel Abad, cuyos oficiales, cada uno con su fusil acompañaron á la tropa y marinería para conseguir que se mantuviese el orden y la retirada fuera en los mismos términos, cumpliendo exactamente las órdenes que les he dado” (Cf. Eco del Comercio, Madrid, nº 1746, 10.2.1839). 

Así resumía o xornal El Correo Militar, na nota necrolóxica que publicou o 17 de xullo de 1889, esta brillante folla de servizos do mozo Chicarro durante a cruenta guerra que rematou co chamado “abrazo de Bergara”:

El año 36 se halló en la sección de Galdacano [sic] con la división del general San Miguel haciendo servicio en la línea avanzada del puerto de Pasajes, en la que tuvo varios encuentros con los facciosos, operando luego con la columna del brigadier Iriarte y coronel Castañeda. Disueltas las compañías provisionales donde prestaba servicios militares la marina, pasó el sr. Chicarro á la fragata San Juan, de servicio en la ría de Bilbao, durante el tercer sitio, hallándose en las acciones de los días 2,3 y 4 de Noviembre del año mencionado en la expresada ría, como encargado de las baterías de Portugalete todo el tiempo del sitio y concurriendo á la gloriosa acción del 24 de Diciembre. Por estos hechos de armas obtuvo la cruz de Marina y fué declarado benemérito de la patria, que en aquellos tiempos no andaba el premio en correspondencia con el peligro, ni estaba la nación ni la Hacienda para generosidades. El 12 de Marzo del año 37, ya ascendido á alférez de navío por ascenso reglamentario y desempeñando el destino de ayudante de la mayoría concurrió al ataque y capitulación de la plaza de Fuenterrabía, siendo condecorado con la cruz de San Fernando de primera clase. Nombrado comandante del cañonero Veloz, pasó á las órdenes del comandante del apostadero del Nervión con tropa y marinería de los buques para auxiliar la operación practicada por el gobernador de Portugalete atacando á los facciosos que se presentaron en las alturas de las Arenas de donde fueron arrojados hasta Algorta sosteniéndose nutridamente el fuego por ambas partes, por cuyo servicio mereció de S. M.... las gracias. En premio de haberse hallado en las operaciones sobre el Bidasoa, de las que resultó la capitulación de Fuenterrabía, fué condecorado también con la cruz de la toma de Irún. Del Veloz pasó á mandar la balandra Atalaya, en cuyo mando permaneció los años de 40 y 41 hasta que en 18 de Diciembre de 1842 pasó á Fernando Póo á bordo del bergantín Nervión”.
CHICARRO NA DÉCADA DOS 40 

Espartero
O xeneral Espartero, desde o seu posto de Rexente e a proposta da xunta do Almirantado, asinaría no verán de 1841 o decreto polo que se destinaba ao apostadeiro da Habana ao alférez de navío Nicolás Chicarro (Cf. Eco del Comercio, Madrid, nº 2620, 3.7.1841). Un ano despois, aproximadamente, o noso mariño sería promovido ao rango de tenente (Cf. Eco del Comercio, Madrid, nº 3037, 23.8.1842) e emprendería, en calidade de segundo comandante da nave, unha expedición no bergantín Nervión á costa occidental africana, co fin de facerse co control do enclave de Fernando Póo. 

Cando a partir do mes de maio de 1843 se produzan en diversas cidades españolas a serie de pronunciamentos antiesparteristas que acabaría provocando a marcha ao exilio londinense do espadón de Luchana, Chicarro fará parte da oficialidade da Armada que participa nese movemento insurxente, neste caso como tenente de navío e comandante do citado bergantín Nervión (Cf. El Constitucional, Barcelona, nº 1543, 4.8.1843).

Con ese mesmo buque toma parte durante 1844 en diversos cercos por mar a prazas como Alacant e Cartaxena, onde tiñan lugar insurreccións de corte progresista contra os gobernos de González Bravo e Narváez, e máis no bloqueo de Barcelona durante a chamada “rebelión centralista”, feito este último polo que lle será concedida a cruz da Mariña.

DESTINOS E NAVEGACIÓNS DESDE A METADE DA CENTURIA 

O xornal madrileño El Correo Militar, na nota necrolóxica sobre Chicarro que publicou o 17 de xullo de 1889, explicaba a grandes trazos a traxectoria do noso mariño ao comezar o terceiro cuarto da centuria decimonónica:
"En el año 46, ya capitán de fragata, y mandando la goleta Isabel II pasó á Costa Firme con órdenes reservadas del comandante general del apostadero de la Habana fondeando en la Guaira para proteger los intereses de los súbditos españoles y de otras naciones que reclamaban el apoyo de nuestro pabellón, por consecuencia de la revolución de aquella república. 
Cuando las ocurrencias políticas de Italia en el año 50 se encuentraba [sic] en Gueta y fué honrado por Su Santidad con la cruz de comendador de San Silvestre de Roma en recompensa de los servicios prestados en los Estados Pontificios". 
En maio dese mesmo ano de 1850, a raíña Isabel II e o seu director xeneral da Armada, o marqués de Molíns, distribúen mediante real decreto a forza naval que había de gardar as costas da Península e illas adxacentes en sete grandes divisións, con capitais en Barcelona, Mallorca, Alacant, Cartaxena, Málaga, Cádiz e Coruña, respectivamente, nomeando comandante da última das citadas ao capitán de fragata Nicolás Chicarro(Cf. El Clamor Público, Madrid, 1.6.1850). En 1859 o noso protagonista é nomeado comandante da fragata de hélice Bailén Cf. El Clamor Público, Madrid, 28.5.1859). Con posterioridade, segundo relata o xornal madrileño El Correo Militar (17.7.1889), a traxectoria de Chicarro foi esta: 

En 15 de febrero del año 60 y después de haber desempeñado varios mandos de buques en Cuba y Filipinas salió de la Habana para Cádiz para reforzar la escuadra de operaciones de África con la fragata Bailén, de su mando.
Y por cierto que en esta ocasión dió el bravo general pruebas gallardísimas de lo que son nuestros marinos cuando el peligro arrecia ó cuando la patria sufre. Es tradicional entre todos los jefes de la Armada jóvenes, que cuando la guerra de África, el año 49, y siendo el Sr. Chicarro capitán de fragata solamente, se le dió el mando de la Bailén que se hallaba en estado tan deplorable que era un peligro verdadero el salir con ella á la mar. Chicarro se ofreció voluntariamente á salir, conduciendo el buque á Cádiz, atortorados sus batiportes con calabrotes tensados, á rechinar, con barras de cabestrante; tan malo era el estado del buque y tal la decisión y enerjía [sic] del valiente jefe. 
Al llegar á Cádiz y antes de desarmar se presentó Chicarro al general de aquel departamento pidiendo pasar con el buque en el mismo estado á batir á Tánger, sin que le arredrase ni la presencia ni la actitud de la escuadra inglesa que mojaba en aquellas aguas.
Su objeto era batir la plaza africana, y salvar así la honra de España y de la Marina, al mismo tiempo que el nuevo limitado material de que ésta disponía entonces. Y decía el émulo de Méndez Núñez en esa ocasión: 
- Si hay que perder barcos, es preferible que éste sea, como la Bailén, un barco inútil. Con mi buque pierde España poco. 
Si hay frases sublimes y si es meritorio el desprecio de la vida, fué un héroe, pronunciando ésa, el joven capitán de fragata”.

Desde a nave Bailén pasará, dous anos despois, ao mando do vapor de guerra, dotado con dezaoito canóns, Don Francisco de Asís (Cf. La Esperanza, Madrid, 17.5.1861), a bordo do que desenvolveu diversas misións relevantes nos mares de América (Veracruz, Santo Domingo, Habana...), segundo explica, máis unha vez, o xornal El Correo Militar:
Mandando el vapor Don Francisco de Asís posteriormente, salió de la Habana con transporte de tropas para Santo Domingo; formó parte después de la expedición de Méjico á donde condujo en su buque al general en jefe de la división expedicionaria y mandando la tercera división de nuestra escuadra que convoyaba los vapores que conducían tropas. Fondeó en Antón Lisardo y asistió á todas las operaciones navales, hasta que fondeado en Veracruz salió para la Habana conduciendo pliegos importantes para el capitán general de Cuba. El año 62 salió nuevamente para Veracruz en 8 de Enero conduciendo al general Prim y á su Estado Mayor, unido á la escuadra francesa que llevaba á su bordo el Ejército de aquel país, destinado á las operaciones mejicanas. En Febrero de este año regresó á la Habana conduciendo 160 enfermos del Ejército. 
Al llegar á este punto, la materia no pudo más y el organismo resentido por los trabajos y por el clima, necesitó licencia por enfermo.
Por las operaciones militares que tuvieron lugar para la reincorporación á España de la isla de Santo Domingo y ocupación de la plaza de Veracruz le nombró el ministerio de Estado comendador de Isabel la Católica”.
Pouco tempo despois de fracasada a sublevación do cuartel de San Gil contra o goberno de O'Donnell, en xuño de 1866, Nicolás Chicarro é nomeado capitán do porto de Sevilla Cf. La Época, Madrid, nº 5723, 5.9.1866), desde onde salta axiña á comandancia da praza de Cartaxena.


Topete

O 16 de xaneiro de 1869 o ministro de Marina Juan Bautista Topete asina o cese do brigadier Chicarro como comandante xeneral de mariña do citado Departamento murciano e noméao de inmediato para idéntico posto no Departamento de Ferrol (Cf. La Correspondencia de España, Madrid, 17.1.1869). Este mesmo ano, concretamente no mes de setembro, accederá ao rango de contraalmirante (Cf. La Época, Madrid, nº 6.705, 15.9.1869). Como pondera o anónimo articulista de El Correo Militar, no traballa xa varias veces citado, tratábase do máis alto chanzo a que podía aspirar o de Viveiro na súa carreira: “la ansiada meta, la faja, ese sueño de oro de todos los militares”. 

Ao comezar o ano 1871, cesa como comandante do Departamento ferrolán e resulta destinado, novamente, ao apostadeiro da Habana (Cf. El Imparcial, Madrid, 16.1.1871 e La Discusión, Madrid, 17.1.1871). A toma de posesión no novo destino provoca unha polémica situación relacionada co pagamento do salario, á que alude o diario democrático madrileño La Discusión, no seu exemplar de 11 de febreiro do citado ano, nos seguintes términos, ben críticos:
“Como la justicia, dice un colega, anda por las nubes, y el dinero anda á puntapiés por la tierra, nos parecen bien las reclamaciones que, según tenemos entendido, han hecho el Sr. Malcampo, comandante general saliente del apostadero de la Habana y los señores Chicarro y Polo.
El primero pretende que se le abone todo su sueldo de Ultramar hasta que desembarque en España, y los dos segundos solicitan que se les abone á razón de sueldo de América desde que emprendan su viaje desde la península, el Sr. Chicarro para la Habana y el Sr. Polo para la América del Sur; es decir, que el destino es uno solo, pero los emolumentos de ese mismo destino los deben percibir á la vez dos jefes distintos. 
A nosotros, como contribuyentes, nos parece esto muy mal; pero á los interesados suponemos que les parecerá muy bien”.
O 21 de marzo de 1872 asínase o decreto polo que se lle concede ao contraalmirante Chicarro a gran cruz do Mérito Naval (Cf. La Iberia, Madrid, nº 4736, 22.3.1872). A finais deste mesmo ano recibe o cesamento como comandante da escuadra e apostadeiro da Habana (Cf. El Imparcial, Madrid, 23.12.1872), para pasar a ocupar o cargo de vicepresidente do Almirantado, en substitución do contraalmirante Manuel de la Rigada y Leal. O traspaso da comandancia realízase o 20 de marzo e Chicarro regresa á Península cando xa foi proclamada nela a 1ª República... 

PAPEL DE CHICARRO NA REPRESIÓN DO MOVEMENTO CANTONAL DE 1873. O CONTROVERTIDO EPISODIO DA FRAGATA NUMANCIA. 

Como é sabido, un sector do republicanismo federal español, auto-denominado “intransixente”, quixo forzar o proceso de federalización aprobado por unha ampla maioría dos deputados das Cortes da Primeira República (210 votos a favor por só 2 en contra) desencadeando unha vaga de pronunciamentos ou revoltas cantonalistas. Un dos focos insurxentes máis relevantes dese proceso foi o Cantón de Murcia, e, dentro del, a praza costeira e militar de Cartaxena.


O líder cantonal Antonio Gálvez
A sublevación dos cantonais de Cartaxena, comandada por figuras como o xeneral Contreras, o deputado Antonio Gálvez e o xornalista Roque Barcia, e apoiada por unha inmensa maioría tanto da poboación civil como do elemento militar da praza, comezou o 12 de xullo de 1873. Os sucesivos gobernos republicanos de Pi i Margall, Salmerón e Castelar tentaron sen éxito desactivar a revolta e foron endurecendo paulatinamente o discurso reprobatorio e as medidas político-militares para sufocala. O ministro de Marina Jacobo Oreiro declarou a flota cantonal (formada por buques como o Tetuán, o Fernando el Católico – rebautizado polos insurxentes como El Despertador-, a Méndez Núñez ou a Numancia) rea de piratería por navegar baixo pavillón vermello, a imitación dos partidarios da Comuna parisina. Por ese motivo, barcos ingleses e teutóns tiveron mentes de capturar eses barcos durante as diversas incursións que os cantonais fixeron a localidades costeiras como Almería, Málaga, Alacant, Águilas ou Valencia. 

No medio desta treboada política e bélica, o 30 de setembro de 1873, o antigo Almirantado rebautizouse mediante decreto co título de Junta Superior Consultiva de la Armada y Consejo Supremo e reorganizouse con diversas designacións, entre as que destacan a do contraalmirante Manuel de la Pezuela y Lobo para presidila e a do noso Nicolás Chicarro en calidade de vogal, na compaña de Enrique Croquer, o armador Antonio López e o enxeñeiro Eduardo Saavedra y Moragas (Cf. La Época, Madrid, nº 7665, 30.9.1873). O de Viveiro, pois, pasaba a estar no auténtico ollo do furacán, como un dos máximos responsábeis militares ao servizo das autoridades da convulsa Primeira República.

Precisamente por iso, cando o contraalmirante Miguel Lobo cometa o erro (para uns) ou a covardía (para outros) de fuxir rumbo a Xibraltar para eludir o combate coa potente escuadra cantonal, a citada Junta Superior da Armada destituirá fulminantemente o citado Lobo e nomeará no seu lugar, como comandante xeneral das forzas navais do Mediterráneo, ao noso Chicarro (Cf. La Época, Madrid, nº 7681, 16.10.1873). O periódico El Cantón murciano, da sublevada Cartaxena, ironizaba no exemplar de 20 de outubro de 1873 sobre o nomeamento desta maneira:
El ministro de marina y el señor Chicarro han salido para Gibraltar en busca de la escuadra centralista.
Si esa prodigiosa actividad que los señores ministros emplean cuando se trata de destruir las ideas del progreso, las emplearan en combatir el fanatismo político religioso, hace tiempo que la causa de D. Carlos habría concluido, porque no tiene razón de ser; pero cuando se trata de colocar barreras á la libertad, todos los esfuerzos son inútiles. Entiéndalo así el señor Oreiro y no se meta á deshacer agravios”.
E perante a nova de que grandes figuras da Armada hispana se poñían como voluntarios ás ordes de Chicarro para participar na campaña contra o cantón murciano, o mesmo citado xornal republicano federal ironizaba novamente, o 22 de outubro:

No fué solo el Sr. Topete quien se ofreció á marchar bajo las órdenes del contralmirante Sr. Chicarro. Igual ofrecimiento hizo el señor Beranger; el Sr. Oreiro también se dispone á embarcar. De modo que ha fallado muy poco para que saliera hacia estas aguas un barco cargado de ministros y ex ministros”.

Durante as semanas que seguiron ao seu nomeamento, Chicarro reforzou con novos buques o bloqueo marítimo do porto de Cartaxena, que complementaban por terra as tropas do xeneral López Domínguez, e intensificou ata o extremo os bombardeos sobre a poboación, nun auténtico dioivo de fogo, de maneira que chegaron a lanzarse, calcúlase, arredor de 30.000 proxectís de diversos calibres... A resposta, en ton entre burlesco e desafiante, da prensa federal de Cartaxena consistiu en glosar do seguinte xeito unhas informacións do xornal madrileño gobernamental Diario Español (Cf. El Cantón Murciano, 9.11.1873):
En «El Diario Español» del 4 de noviembre encontramos (…): «Seguimos sin noticias de la insurrección de Cartagena. Lo único que podemos hacer en obsequio de los que quieren saber todos los días algo nuevo, es decirle que dentro de breves días regresará á esta capital el Sr. Oreyro, ministro de Marina, dejando la escuadra al esclusivo [sic] cuidado del Sr. Chicarro.»
Ya se fué Lobo con viento fresco; después del chubasco, el Sr. Oreyro más precabido [sic] escapa presagiando la tormenta; estoy por asegurar que Chicarro hará lo mismo declinando su poder en un cabo de cañón y este, a su vez, en un grumete; y la escuadra centralista pasará a ser federal”.

No entanto, cando as sucesivas traizóns, o desgaste provocado polo esforzo bélico feito e un crecente desánimo xeral minaron a resistencia dos cantonais (entre os que figuraba, dito sexa na súa memoria, outro fillo da Terra de Viveiro, o coronel de infantería Fernando Pernas, quen chegou a ser vogal da Junta Soberana de Salvación Pública) e se comezou a negociar o armisticio, xa entrado 1874, o daquela novo ministro de Mariña, almirante Juan B. Topete, heroe no seu día da revolución setembrina de 1868, deu ordes taxativas a Chicarro, con data de 6 de xaneiro de 1874, de que non deixase fuxir ningún dos buques cantonalistas...


Fragata Numancia
Mais o que que aconteceu finalmente foi que un dos buques máis modernos e emblemáticos da flota sublevada, a fragata Numancia, comandada por Nicolás Constantí, alias Colau, cos principais líderes cantonalistas a bordo xunto a máis de 2.000 civís, logrou burlar o día 13 de xaneiro de 1874 o cerco que montara diante das costas o noso Chicarro (coa participación de barcos como as goletas Cádiz e Ulloa e as fragatas Vitoria, Carmen, Navas e Almansa) e conseguiu conducir o buque emblema da flota insurreccional ao porto africano de Orán, daquela baixo dominio colonial francés. A Numancia, iso si, mercé ás xestións realizadas por Chicarro diante das autoridades, sería devolta intacta o día 17 de xaneiro. 

Sobre este episodio da exitosa fuga da fragata Numancia en xaneiro de 1874 existen, cando menos, tres versións distintas, que colocan en distinto lugar ao noso Chicarro segundo se admita, ou non, a veracidade de cada unha. 

A primeira desas versións procede dos cantonalistas fuxidos. No Manifesto que publicou en Orán o 31 de marzo de 1874 (rescatado no seu día polo profesor Rubio Paredes), o xeneral Juan Contreras (1807-1881), un dos líderes militares indiscutíbeis da revolta que ía a bordo da Numancia precisamente, proclama que “el almirante Chicarro recibió una dura e inolvidable lección, tan justa como merecida”. A maior habilidade mariñeira de Colau impediu que Chicarro puidese, como era o seu desexo, “entrar en Cartagena, con la Numancia prisionera, después de más de cuatro meses de penalidades y trabajos sobre esta plaza”. Chicarro tería, pois, fracasado en toda regra como mariño na súa misión de impedir a todo transo a fuga da citada fragata. Desta visión fixéronse eco tanto o literato Benito Pérez Galdós, no “episodio nacional” intitulado De Cartago a Sagunto (1911) como, en tempos relativamente recentes, o senador e cronista oficial da rexión murciana Antonio Pérez Crespo no volume El cantón murciano (1990). 

A segunda versión ofreceuna o propio contraalmirante Chicarro mediante parte oficial dirixido ao ministro Topete e que publicou integramente o diario monárquico La Época no seu exemplar do luns 16 de febreiro de 1874. Resumindo o contido dese longo documento, podemos dicir que Chicarro bótalle a culpa do acontecido á demora con que desde o Goberno se lle comunicou que estaba a negociarse o armisticio cos cantonalistas. Desa maneira, mentres el recargaba, confiado, no fondeadeiro da Subida o carbón que necesitaba para as caldeiras da súa nave, a Numancia puido facerse á mar en plena noite e manobrar habilmente para romper o cerco... 

Finalmente, unha terceira versión, que acuñou probabelmente Martínez de Velasco no artigo necrolóxico que dedicou a Chicarro en La Ilustración Española y Americana (nº 30, Ano XXXIII, 15.8.1889) e que reproduciu o 6 de xullo de 1898 o xornalista Tello Téllez nas páxinas de El Liberal (versión que, dito sexa de pasaxe, foi a que nos transmitiron posteriormente nas súas obras os cronistas oficiais viveireses Donapetry e Chao Espina) atribúe a exitosa fuga da Numancia non á maior pericia mariñeira do seu comandante Colau nin tampouco á distracción ou perda de tempo que supuxo a carga do carbón cometida por Chicarro, senón a un dobre trazo de patriotismo e humanismo misericordioso do almirante viveirés. Con efecto, segundo esta terceira explicación, Chicarro renunciou por propia vontade á captura da Numancia porque non quería destruír tan preciado buque da Armada española (de aí a frase que se lle atribúe: “¡No! Yo no echo a pique este hermoso buque de mi patria, Tenemos muy pocos; va de huida y no se bate, La hazaña sería muy fácil, pero muy costosa á la marina”) e porque comprobou ao primeiro disparo de advertencia que aquela ía cargada de poboación civil inocente... 

Pense o lector/a o que quixer, mais teña en conta ata que punto o cerco de Cartaxena e a fuga da Numancia puido acabar en certo sentido co prestixio do almirante viveirés, ata entón incólume... Nesa perspectiva, o xornal democrático La Discusión (6.2.1874) facíase eco da campaña que contra Chicarro levantaban algúns medios de prensa británicos por mor do cerco de Cartaxena:
El Times de Londres publica una carta llena de inexactitudes, haciendo responsable al contralmirante Sr. Chicarro de la pérdida del barco inglés “The Ellen Constance”, que zozobró en las augas de Cartajena [sic] en la noche del 7 de enero, á consecuencia de un choque con la fragata “Victoria”.
Creemos que por persona competente debía desmentirse la inexacta relación del periódico inglés que ofende gravemente al jefe de nuestra escuadra en el Mediterráneo, y que tiene por objeto sin duda el que la Europa forme un concepto tan desventajoso como injusto de la marina española”.

A NOVA DA SÚA MORTE NA PRENSA DA ÉPOCA


O almirante Chicarro emprendeu desde o final da revolta cantonal, ao que seguiron o golpe de Pavía, a caída da 1ª República e a Restauración borbónica, un proceso de marcado retraemento no plano público. Pediu o traslado ao Departamento de Ferrol e, ao pouco tempo, o pase á reserva; rexeitou ofertas de entrar en política e dedicouse case exclusivamente á vida familiar coa súa esposa Rosa Abad e coas súas dúas fillas, Carmen e Pilar, que casarían á súa vez con dous mariños profesionais, José María Carré e Pedro de Novo y Colson (fundador e director da revista El Mundo Naval Ilustrado), respectivamente. 

Nicolás Fernández Chicarro Leguinechea morreu en Ferrol o 7 de xullo de 1889, aos 77 anos de idade, tras nada menos que 57 anos de servizos emprestados. A nova do seu pasamento foi ofrecida por diversos xornais madrileños como La República, El Día, El Imparcial ou El Correo Militar. Así, o prestixioso rotativo fundado por Rafael Gasset, de orientación liberal, indicaba no seu exemplar de 11 de xullo de 1889:
“Ha fallecido en el Ferrol el anciano contralmirante de la armada D. Nicolás Chicarro y Leguinechea, que desde hace ya algunos años estaba en situación de reserva.
Nació éste en la villa de Vivero en día 6 de Julio del año 12; contaba cincuenta y siete años de servicios efectivos y cerca de veinte de antigüedad en su empleo de contralmirante.
El general Chicarro desempeñó el mando superior del departamento del Ferrol en varias ocasiones. Tuvo á su cargo importantes servicios y fué un buen marino”.
Pola súa vez, El Correo Militar, xornal editado en Madrid que levaba como subtítulos os de “Diario de la Tarde. Defensor de los Intereses del Ejército y de la Armada”, ofrecía o mércores 17 de xullo unha semblanza necrolóxica, á que pertencen estes significativos fragmentos:
“MILITARES ESPAÑOLES. EL GENERAL CHICARRO
Uno de los generales más viejos de nuestra marina, era el que acaba de fallecer. Nació el año 12, en la villa de Vivero, al mediar el año, faltándole, por consiguiente, muy poco para alcanzar la categoría tristísima de octogenario. Grandes dotes de virtud y de laboriosidad adornaban su larga carrera en la que llegó á ceñir la faja de contralmirante, y el Sr. Chicarro fué conocido en su tiempo como un marino enérgico y de corazón. De carrera rápida en los primeros escalones, tanto que de teniente de navío no estuvo más que dos años para alcanzar la categoría de capitán de fragata, ésta se hizo lenta al final pues contaba veinte años largos en el empleo de contralmirante. Tenía 59 años de servicio efectivo desde el año 30, que ingresó como guardia marina, y nueve años de abonos por la guerra civil de 1833 á 1840.
El Sr. Chicarro fué verdaderamente una de las figuras de nuestra marina de guerra. Hijo de un teniente de navío, su vida fué un ejercicio continuado al servicio de la patria en esa ruda y fatigosa tarea del hombre de mar. El nombre del distinguido y caballeroso contralmirante va unido á páginas sangrientas de nuestra historia, y á su lealtad de carácter y á su noble corazón, tan viril para el peligro como bondadoso y hasta magnánimo á veces, se debe que el Ferrol no ha llorado un día de sangre en circunstancias dificilísimas. Sólo por ese rasgo generoso en que la prudencia del general Chicarro supo anteponerse al severo deber militar, el pueblo del Ferrol le estaba altamente reconocido.
En otra ocasión, triste para el país, el nombre del Sr. Chicarro hizo gran ruido en los sucesos políticos y en la prensa que llevó y trajo su nombre. Nos referimos á los sucesos cantonales; á aquellos días de triste recuerdo en que la España parecía un presidio desatado y en que tan difícil era el poder conservar incólume la autoridad y el prestigio. En aquellas circunstancias aciagas el general Chicarro, que era un valiente, contribuyó de modo eficaz á la toma de Cartagena insurreccionada y sitiada por el general López Domínguez. Con mucha energía aún dentro de su pecho, y acaso desengañado de la vida, acaso cansado del estruendo de la actividad, acaso no queriendo prestar su apellido sin mancha a una época de disturbio y de ludibrio, el general Chicarro prefirió la tranquilidad del hogar y el amor puro y desinteresado de la familia y obtuvo su pase á la reserva, cuando aún podía servir de mucho á la nación y contribuir con sus energías y su personalidad al buen nombre de la Armada española á cuya corporación quería mucho.
La hoja de servicios del Sr. Chicarro es una historia limpia y honrosa, es la hoja de hechos de un hombre trabajador y laborioso, de un hombre esclavo de sus deberes y de un servidor pasivo del país que comprende que la existencia del militar es totalmente de su patria (...)
No seguiremos la vida militar del general Chicarro desde que alcanzó alto puesto en la Marina. Hombre de confianza de todos los Gobiernos, pues no figuraba en ningún partido político, le fueron confiados los mandos más importantes.
Era una de esas nobles figuras del almirantazgo español abrumadas de servicios y de méritos, y un caballero cristiano.
Grandes cruces le enaltecían, vistosas bandas de varios colores ceñían su pecho; valía más lo que llevaba dentro; su grande, su nobilísimo corazón”.
E algúns anos despois, na súa sección xornalística “Hombres y Obras”, Hernando de Acevedo glosaba para os lectores do Noticiero Salmantino ( nº 1926, 6.7.1903) o perfil do mariño viveirés con estes xuízos, cos que fechamos esta humilde aproximación á figura e a traxectoria do persoeiro:
“Militar valeroso y arrojado, nacido para la pelea, marino heroico que prefería la lucha del mar á la lucha de la política; este fué el contralmirante don Nicolás Chicarro y Leguinechea, que prefirió á la cómoda poltrona del ministerio de Marina los azares del combate”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario