eu

eu
eu

sábado, 26 de xullo de 2014

A SOCIEDADE DE INSTRUCIÓN “VIVERO Y SU COMARCA”


Introdución

No 2010 cumpriuse o primeiro centenario da fundación en Cuba da sociedade de instrución “Vivero y su Comarca”. A entidade, de inspiración tipicamente rexeneracionista, xogou desde o seu nacemento e ata o fatídico 36 un rol moi destacado na trama cívica da práctica totalidade dos concellos da súa zona de implantación (o Partido Xudicial de Viveiro, daquela composto polos municipios de Viveiro, Riobarba, Ourol, Muras, Xove e Cervo) e tivo moito que dicir, sobre todo, no eficaz combate que se levou a cabo nas primeiras décadas da pasada centuria para a erradicación do analfabetismo entre os nosos devanceiros, en clamoroso contraste coa desidia, indolencia ou ineptitude amosada en tal sentido polos diferentes estamentos da Administración e do Estado. Tanto é así que, segundo apreciación do profesor Sixirei Paredes, a Terra de Viveiro foi, grazas ao labor da entidade que nos ocupa, “a zona do país con maior número de escolas fundadas polos indianos”.

Por iniciativa de “Vivero y su Comarca”, efectivamente, erguéronse ou arranxáronse numerosos edificios escolares na bisbarra (algunhas fontes contabilizan un total de 57), dotáronse de material axeitado moitas aulas (incluída a pequena estación meteorolóxica que montou nos claustros de San Francisco o mestre público Luís Tobío Campos), pagáronse soldos dignos que beneficiaron a un profesorado habitualmente pauperizado e, talvez o máis importante, logrouse espertar en moitas almas lexítimas ansias de superación persoal e de redención e mellora social, antes inéditas, a través da formación, do estudo e da cultura.

A entidade puxo asemade en marcha un voceiro de prensa propio, a revista Vivero en Cuba, e alentou en parte outras publicacións periódicas como Pro-Galicia e Labor Gallega, onde colaboraron diversos destacados publicistas e xornalistas galegos do momento. Importante foi tamén a súa pegada nas páxinas do semanario Heraldo de Vivero.

Ademais, subvencionou actividades e obras en beneficio comunitario de diversa índole, organizou festas e homenaxes (por exemplo, a Pastor Díaz no primeiro centenario do seu nacemento, en 1911), practicou a beneficencia (en 1923 creou un fondo específico para a atención dos socios necesitados e enfermos, por exemplo), fixo en determinadas coxunturas o papel dunha oficina de emprego (nas páxinas de Vivero en Cuba inseríronse avisos como este, dirixido aos socios que regresasen á Península: “rogamos nos sirvan informar de cuantos empleos ó colocaciones sepan vacantes, para recomendar asociados que no tengan trabajo”) e estendeu unha ampla rede de delegacións e comisións de apoio, tanto en Cuba, como noutros países americanos (Arxentina, México…), como, moi principalmente, no arredor de medio cento de parroquias dos municipios da Terra de Viveiro que constituían o seu ámbito xeográfico de incidencia, sen esquecer as delegacións que funcionaron na Coruña e en Madrid.

Mais tamén é certo que “Vivero y su Comarca” se implicou por activa e por pasiva nos manexos da política, fose nos da colonia galega emigrada, co fin de incidir sobre a marcha e orientación de entidades emblemáticas como o Centro Galego ou as diversas Federacións de Sociedades de Instrución que existiron, fose tamén, na propia metrópole, apoiando de maneira aberta determinadas elites e dirixencias locais nos concellos de Muras, Ourol, Riobarba e Viveiro (en moita menor medida, Xove e Cervo) e poñendo todo o seu prestixio e moita da súa actividade ao servizo dos intereses electoralistas dun preboste da política da época no distrito viveirés como era José Soto Reguera, liberal albista durante a Restauración e firme partidario da ditadura de Primo de Rivera a partir do golpe de estado de setembro de 1923, como habemos explicar.

Por esa razón, non faltaron desde o primeiro día polémicas e discrepancias, tanto externas como internas. “Vivero y su comarca” como entidade ou os seus directivos e representantes en tanto tales experimentaron, como veremos, ataques desde certos sectores da colonia emigrada e desde algúns segmentos da propia sociedade galega e particularmente viveiresa. Estes detractores eran, polo xeral, críticos non tanto cos fins teóricos da entidade, ben doados de aplaudir, como cos seus métodos, acusados de tipicamente caciquís, e coas presuntas ou reais segundas intencións que albergaron os seus directivos, so capa de altruísmo e filantropía.

De resultas, a indolencia ou mesmo soterrada hostilidade dos directivos de “Vivero y su Comarca” cara ás demandas máis galeguistas e democráticas esgrimidas por algúns sectores avanzados da colonia emigrada, por unha banda, e o seu total enfeudamento e submisión aos manexos no distrito viveirés da facción política comandada por Soto Reguera, por outra, fixeron que as amplas simpatías e unánimes aplausos colleitados no momento da fundación fosen dando paso a unha máis restrinxida e selectiva constelación de apoios e a un percurso histórico complexo que por veces se volveu, ademais, duramente polémico.

É precisamente ese percurso, ata o límite da proclamación da 2ª República, o que na medida das nosas forzas e manexando fontes infelizmente fragmentarias e incompletas quixemos reconstruír nas liñas que seguen.

Prolegómenos da fundación.

A comezos de 1908, un grupo de gaiteiros viveireses denominado “Os Montes”, formado polo xastre Antón Soto, o músico Juan Latorre, o pintor mindoniense Ramón Salaverri e o ebanista Eugenio González (Madono), viaxa a Cuba no vapor “Bismarck” e realiza unha pequena xira pola Illa, que ten como instante estelar a actuación no Teatro do Centro Galego da Habana, en marzo do citado ano. A presenza desta embaixada musical tivo a virtude de provocar na cada vez máis nutrida comunidade de viveireses residentes no país caribeño o desexo de organizarse en tanto tal.

O xornal El Eco de Vivero aludirá por esas datas, efectivamente, á idea dos naturais da vila do Landrove residentes en Cuba de constituíren unha sociedade, co nome de “Xente da Vila”, e sinalará ademais que o xornalista Antón Villar Ponte, quen desembarcara na Illa xusto por aquel entón, sería o flamante secretario do novo agrupamento. Tal entidade con tal nome nunca chegou a se constituír, que saibamos, mais das xestións e contactos realizados nese intre ficou a semente sobre a que se edificará, moi pouco tempo despois, a sociedade “Vivero y su Comarca”.

A constitución en 1904 da “Alianza Aresana de Instrucción”, na Habana, baliza o punto de arranque dun proceso de proliferación de sociedades de instrución de matriz galaica, destinadas a promover a construción, sostemento e dotación de escolas na Terra. O investigador Núñez Seixas, no seu estudo Emigrantes, caciques, indianos, fornécenos cifras que amosan a intensidade deste agromar asociativo: na illa de Cuba existían en 1910 un total de 20 sociedades de instrución. En 1912, a cifra ascendía a 46. Dez anos despois, eran 90 as sociedades existentes. Finalmente, no 1923, chegaban a 104. Estas sociedades, como explica Alfonso Magariños no ensaio A obra educativa e cultural dos emigrados. Prensa da emigración e Sociedades de Instrucción en Galicia (2000), marcábanse como labor fundamental o fomento, fundación, financiamento e sostemento de escolas na metrópole, polo xeral nas comarcas de orixe dos seus asociados. Tentaban así suplir ou complementar, segundo os casos, a escasa atención dada historicamente polo Estado ás necesidades educativas da poboación rural e compensar, dese xeito, o lento desenvolvemento das infraestruturas pedagóxicas a cargo da Administración Pública.

Orabén, como advirte o xa citado Núñez Seixas, non debe ocultarse que ese filantrópico labor pedagóxico, envolto en propagandas neutralistas en materia política ou relixiosa, presentaba á hora da verdade con bastante frecuencia claras connotacións sociopolíticas, pola tendencia das propias sociedades de instrución a procurar o patrocinio e a protección de determinados políticos con influenza nas esferas onde se repartía a torta orzamentaria estatal.

Escola de Riobarba (O Vicedo)
Sexa como for, a circunstancia que galvanizará definitivamente a colonia viveiresa na Habana para concretar a constitución desa proxectada sociedade co fin de “construir edificios para escuela en todas las Parroquias de los Ayuntamientos de Vivero, Orol, Muras, Riobarba, Jove y Cervo y crear una escuela de Artes y Oficios” será a xira que en 1910 realizan por Cuba o catedrático asturiano Rafael Altamira e o seu colaborador Francisco Alvarado, natural de Viveiro e fillo de Salustio Víctor Alvarado, destacado militante republicano na cidade do Landrove nos tempos da Gloriosa. As conferencias de ambos intelectuais encarecendo a necesidade de instrución como antesala do progreso determinaron a fundación de varias sociedades de instrución na Illa, entre as que destacará “Vivero y su Comarca”.

En concreto, no banquete que os seus compatrianos viveireses lle tributaron en La Tropical o 14 de marzo de 1910, Francisco Alvarado dirixiulles a palabra para lles facer o seguinte rogo, segundo relata Otero Cao na revista Galicia (14.10.1911): “que se unieran todos los del Partido de Vivero, que tan siquiera una vez al año se dedicaran un día á reunirse, á charlar de cosas de la tierra, á fortificarse con el trato, á conocerse y á apreciarse”.

A asemblea fundacional de “Vivero y su Comarca”, previa convocatoria aberta feita pública nos xornais habaneiros Diario Español, Diario de la Marina e El Comercio, celebrárona finalmente un total de 65 emigrados viveireses nos xardíns da Cervexaría “La Tropical”, ás aforas da Habana, o domingo 3 de decembro de 1910. Unha comisión, formada por Taladrid Catá, Amando Cora, Antonio Pernas, Benito Lage e Tomás Ramos Riguera, foi a encargada de elaborar previamente a proposta de regulamento da entidade. Esta proposta foi discutida e aprobada nunha nova sesión, “en la que reinó el mayor orden y entusiasmo, unidos á la familiaridad y el cariño que era natural existiese entre los que han visto la luz bajo un mismo cielo”, indican as crónicas, e que tivo lugar nos Salóns do Centro Galego no seguinte domingo, día 10. Aí ficou aprobado o seguinte artigo definitorio: “Su finalidad primordial es propulsar la instrucción primaria en toda la comarca de Vivero. A este objeto pedirá al Estado la creación de escuelas en los lugares que haga falta, y una vez terminados los edificios que tiene en fabricación, solicitará del mismo la construcción de otros nuevos, previo ofrecimiento del solar saneado, equipo completo, mobiliario y casa vivienda para el maestro”.

O núcleo promotor de “Vivero y su Comarca”

Da primeira Xunta Directiva Provisoria da sociedade “Vivero y su Comarca”, encargada de elaborar a proposta de regulamento a ratificar na Asemblea Constituínte, fixeron parte Justo Taladrid Catá, como Presidente; Amando Cora, como Vice-presidente, Tomás Ramos Riguera, como Secretario, Jesús Fernández, como Tesoureiro e Antonio Pernas Corral como Vice-Tesoureiro.

Estes estiveron acompañados por outros membros propulsores como Eusebio Balseiro, Manuel Cabaleiro, Perfecto Cao, Ramón García Mon, Benito Lage, Ramón López Veiga, Silvestre López Veiga, Luís Martínez, Antonio Pedreira, Pedro Pernas Rodríguez, Francisco Rodríguez e Segundo M. Timiraos. Unha vez posta en marcha a sociedade, todos eles foron designados socios fundadores e de honra, condición esta última da que moi axiña foron beneficiarios Riguera Montero, José Soto Reguera e o daquela xefe de goberno José Canalejas, morto en atentado moi pouco tempo despois.

O 16 de abril de 1911 a entidade celebrou as primeiras eleccións ordinarias para a escolla da Xunta Directiva, que, por aclamación, ficou composta por Justo Taladrid Catá, como Presidente; Manuel Cabaleiro, como Vice-presidente; Tomás Ramos Riguera, como Secretario; José del Valle Moré, como Vice-Secretario; Amando Cora, como Tesoureiro e, finalmente, Jesús Pernas González como Vice-Tesoureiro.

Tamén fixo parte desta primeira directiva ordinaria de “Vivero y su Comarca” un nutrido número de Vocais, en representación das parroquias de todo o distrito: Ramón López Veiga (Viveiro), Modesto López Pin (Vieiro), Antonio Pernas Corral (Magazos), Antonio Ínsua Polo (Landrove), Antonio D. Santiago (Covas), José López Menéndez (Celeiro), Ramón García Mon (Chavín), Eusebio Balseiro (Boimente), José García Vizoso (Valcarría), Vicente Abadín (Galdo), Francisco Quintana Novás (Ourol), Francisco Gómez (Xerdiz), Silvestre López e José Barro (Miñotos), Francisco Rodríguez (Merille), Francisco Quintana García (Bravos), Benito Franco (San Pantaleón), Antonio Blanco e Bernardo García Pajón (O Sisto), Antonio Durán (Ambosores), Luís Martínez e José A. López (Riobarba), José Rouco Bouza e José Guzmán Puentes (Muras), José Carballal (O Burgo), Juan Carballa e Vicente Otero Cao (Irixoa), Domingo Pardiño (A Balsa), Jesús Paraños (O Viveiró), José Chao (Silán), Ramón González (Cabanas), Avelino Timiraos (Suegos), Emilio Grandío (Negradas), Vicente Torres (San Estebo do Val), Segundo M. Timiraos (San Román), Agustín Fernández (Mosende), Manuel Pena (Xove), Vicente Villarquide (A Regueira), Amador Fernández (Sargadelos), Ramón Goás (Rúa) e, finalmente, Amador Fernández e Benito Lage (Cervo).

Aínda a risco de cometermos unha inxustiza co papel e co esforzo despregado por algúns outros directivos, podemos dicir que foron, fundamentalmente, cinco as persoas que actuaron como verdadeiros “motores” na posta en marcha de “Vivero y su Comarca” ou que concentraron sobre si o peso máis relevante tanto para poñer a andar as engranaxes societarias como para divulgar a iniciativa a fin de conseguir os imprescindíbeis apoios. Referímonos a Justo Taladrid Catá, Tomás Ramos Riguera, Vicente Otero Cao, José del Valle Moré e José Mª Riguera Montero.

Justo Taladrid Catá (Viveiro, 1864- A Coruña, 1938), emigrante a Cuba con 16 anos, era na altura un próspero comerciante de sedería e estaba á fronte da empresa “Taladrid Hermanos”. Afecto ao deputado Soto Reguera, escribiu folletos como os intitulados Progreso del distrito de Vivero en los años 1910 a 1930 (Viveiro, 1931) e Verdades como puños y consideraciones. Mis servicios al distrito de Vivero (A Coruña, 1935), nos que se defendeu das críticas á súa traxectoria pública na Ditadura (téñase presente que exerceu como deputado provincial en Lugo desde xaneiro de 1924) e dos ataques ao seu labor como prócer indiano, na súa calidade de presidente fundador e delegado plenipotenciario de “Vivero y su Comarca” na Península ao longo de moitos lustros. Durante os primeiros compases da Guerra Civil contribuiría copiosamente ás colectas promovidas polas autoridades franquistas.

Dotado, segundo os seus panexiristas, “de férrea voluntad e indomable carácter de luchador”, Taladrid é, sen dúbida, artífice máximo de “Vivero y su Comarca”, sociedade á que permaneceu sempre vinculado. Cando en agosto de 1912 regresou a Galiza desde Cuba, o boletín da “Federación Galaica de Sociedades de Instrucción” Pro-Galicia ponderou o seu rol na posta en marcha da entidade con estas palabras: “Mucho es lo que don Justo donó en efectivo para la Sociedad, muchas altas se deben al tesón constante de este hombre que no vivió más que para su asociación, mucho bregó y escribió, pidió y obtuvo, pero a nuestro juicio, la mayor deuda de gratitud que los vivarienses adquirieron con D. Justo es la de la organización intachable, exacta, clara y armoniosa que imprimió á todos los trabajos y que hacen de las funciones administrativas de la sociedad un modelo”.

Pola súa vez Tomás Ramos Riguera, natural de Merille (Ourol) e tamén próspero comerciante en Cuba no momento da fundación de “Vivero y su Comarca”, encargaríase inicialmente da secretaría da entidade e do consello de redacción de Vivero en Cuba, se ben regresaría a Galiza pouco despois de constituírse a sociedade, concretamente en xuño de 1913 no vapor “Alfonso XIII”, laborando desde entón como delegado no seu concello natal.


A carón destes dous persoeiros directivos, desde o primeiro instante destacará como un dos máis teimosos propagandistas da nova entidade a figura de Vicente Otero Cao. Nado en Maciñeira (O Burgo, Muras), en 1890, emigrou a Cuba en agosto de 1905, onde traballou como dependente de comercio nas localidades da Habana e Matanzas. Colaborou en numerosos xornais galegos da Illa (Diario Español, Antorcha Gallega, Alborada, Galicia...), dirixiu durante un tempo a revista Vivero en Cuba, exerceu como secretario de propaganda da “Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega” e foi correspondente na Illa de xornais como o propio Heraldo de Vivero (1912), o boletín mensual El Eco Murense (1914) e o tamén mensual Progreso Murés (1915), voceiro este último do “Sindicato Agrícola y Pecuario de Muras”.

Otero Cao constitúe un exemplo prototípico do proceso de conscientización e transformación espiritual que levou a moitos galegos transterrados a abrazar como credo redentor a causa da creación de escolas a través das sociedades de instrución. El mesmo confesaría nas páxinas de Vivero en Cuba (nº 3): “Yo he sido uno de los tantos que pasamos nuestra niñez en la ignorancia más lamentable, yo iba al colegio y lo que menos me preocupaba era de estudiar las lecciones que el maestro me designaba, porque yo creía que la instrucción no era necesaria para pasar la amarga vida en aquellos pueblos rurales; y todo esto sucedía porque estaba falto de quien me diera consejos, de quien me iluminara el pensamiento y quien me dijera lo útil que sería la instrucción para lo futuro”.

Tras regresar de Cuba con carácter definitivo en 1921, Otero Cao instalouse en Vilalba. Alí promoveu a “Unión Comercial Villalbesa” (1923), foi secretario do Casino, exerceu como concelleiro no período primorriverista e axudou a fundar en 1932 o quincenario Faro Villalbés. Nos anos 50 daría ao prelo na Imprenta Celta de Lugo, en dous tomos, os seus Apuntes históricos de la Comarca de Muras (1953 e 1955, respectivamente).


Igualmente activo na defensa e difusión dos ideais de “Vivero y su Comarca” foi José del Valle Moré, autor dun opúsculo divulgativo sobre a figura de Nicomedes Pastor Díaz (que se editaría en 1911 na Habana co título de Pastor Díaz: su vida y su obra, coincidindo co primeiro centenario do natalicio do escritor romántico) e colaborador asiduo de moitas publicacións da colonia galega en Cuba, como a revista Galicia. Nas planas desta escribía (3.10.1910), días antes de fundarse a entidade que nos ocupa: “Hija de un noble esfuerzo y digna del más brillante éxito en el glorioso fin que se propone, ha surgido del seno de nuestra colonia la Sociedad “Vivero y su comarca”, que como tantas otras establecidas ya entre nosotros se propone directamente llevar la enseñanza á los rapaces de allende el mar, para que puedan entrar en el combate de la vida con el arma más poderosa de nuestros tiempos: la instrucción (…) Merced á la noble idea de un puñado de entusiastas hijos de Vivero, nuestros paisanitos de aquella hermosa región que bañan las turbulentas olas del mar Cantábrico, verán abrirse á su frente un risueño camino de esperanzas”.


Finalmente, sen que tivese do punto de vista formal funcións directivas, foi socio de honra, mecenas económico, destacado promotor e influente activista de “Vivero y su Comarca” José Mª Riguera Montero. Nado en Muras en 1844 e morto en Pedeboi en 1922, cursou a carreira eclesiástica no Seminario de Mondoñedo, mais non tomou finalmente os hábitos. Marchou ao Uruguai en 1870, onde fundou o Instituto Oriental, doutorouse en Dereito e Ciencias Sociais (1878), foi catedrático de Latín na Universidade e desempeñou diversos postos na Maxistratura e no Consulado español en Montevideo. Ademais, editou na capital charrúa diversos opúsculos como El matrimonio (1877), sobre aspectos xurídicos; Humilde tributo de amor (1881), dedicado á súa defunta nai Francisca Montero; Vindicación de la Gramática castellana (1887), en que critica acedamente os contidos e enfoques dunha Gramática castellana editada en Montevideo por Pedro Isbert; e Carta abierta a Tomás Riguera Losada (1890), especie de relato autobiográfico da súa traxectoria intelectual e pública até ese instante.

De volta a Galiza, Riguera Montero editou con García Dóriga en Mondoñedo o xornal El Baluarte de Galicia (1893-1895) e estableceuse posteriormente na Coruña, cidade en que alentou, como veremos, a creación dunha delegación de “Vivero y su comarca” e ocupou diversos postos de relevancia, como o de director do xornal católico El Diario de Galicia, o de vicepresidente do Consello de Administración de La Voz de Galicia (xornal co que colaborou en numerosas ocasións con recensións de libros, retratos de escritores e políticos, artigos sobre temas filolóxicos, etc.), e mais o de presidente de entidades cívico-culturais como o orfeón “El Eco”, a “Liga de Amigos”, o “Patronato de la Caridad de San José”, o “Dispensario Antituberculoso”, etc. Ademais, financiou os actos de conmemoración en Viveiro do primeiro centenario do nacemento de Pastor Díaz (1911), agasallou ao alcalde de Ourol cun bastón de mando con empuñadura de ouro e dedicatoria gravada (1912), colaborou en xornais e revistas como Vida Gallega e El Norte de Galicia e editou diversos opúsculos, entre os que cabe mencionar Estudio acerca de la verdadera cuna y oriundez del Príncipe de los Ingenios (1905; 2ª ed. en 1910), en que defendía a tese da galeguidade dos ascendentes de Miguel Cervantes Saavedra, e Cuestiones filológicas (1916), en que reuniu algúns dos seus traballos na prensa sobre a materia indicada no título.

Nomeado fillo predilecto de Muras en 1913, Riguera Montero significouse poucos anos antes da fundación de “Vivero y su Comarca” no convulso proceso de xestación da Academia Galega, mantendo unha férrea oposición á candidatura de Manuel Murguía para presidir a corporación. Nesa campaña súa, que tivo grande repercusión na prensa e que deu como froito mordaces opúsculos da súa autoría como o intitulado Películas académicas, arrastrou para as súas teses, entre outros, aos poetas Noriega Varela e Juan R. Somoza, aos xornalistas Jesús Noya González, Emilio Tapia, Eladio Fernández Diéguez e Wenceslao Fernández Flórez, aos eruditos Celso García de la Riega, Leandro Saralegui Medina, Santiago de la Iglesia e Eduardo Lence-Santar e mesmo ao daquela aínda algo bisoño farmacéutico de Foz con vocación literaria Antón Villar Ponte.

A prensa de “Vivero y su Comarca”

O indiscutíbel éxito societario e a meritoria pervivencia de “Vivero y su Comarca” durante varias décadas non pode entenderse sen ter en conta, entre outros factores, a planificada e atinada política de comunicación (hoxe diríamos marketing) que a entidade levou a cabo desde o mesmo instante da súa constitución.

Esa política tivo, resumidamente, tres grandes frontes. A primeira, editar un boletín propio e de grande calidade tipográfica, Vivero en Cuba, só puntualmente substituído por páxinas fixas dedicadas á sociedade nos boletíns Pro-Galicia e Labor Gallega, como axiña explicaremos. A segunda, asegurar, mediante o labor de autores como Vicente Otero Cao, José del Valle Moré, Riguera Montero, etc., unha constante presenza de novas sobre o devir e as iniciativas da entidade nas máis diversas revistas e xornais da colonia galega na emigración, nomeadamente en Cuba. E a terceira, finalmente, gozar do constante apoio de diversas cabeceiras de prensa galega, tanto de ámbito local, como foi o caso de La Voz de Vivero (fundado en xaneiro de 1909), do propio Heraldo de Vivero (fundado en febreiro de 1912) e de La Voz del Pueblo (fundado en xaneiro de 1926), como tamén de ámbito xeral, caso da revista viguesa Vida Gallega ou do diario herculino La Voz de Galicia. Este último, ademais de ser afecto, na súa liña editorial, ao partido liberal-dinástico en que se encadraba o grande “protector” político de “Vivero y su Comarca”, Soto Reguera, tiña no seu consello de administración, durante os primeiros decenios do século XX, conspicuos socios da entidade viveiresa, como é o caso de José Mª Riguera Montero.

A revista Vivero en Cuba

A nosa sociedade de instrución comezará a editar, ao pouco de constituírse, un voceiro mensual intitulado Vivero en Cuba, que tirará un total de oito números na súa primeira xeira (novembro de 1911 a xuño de 1912) e que será recibido en termos entusiastas polo erudito Riguera Montero. Nas páxinas de La Voz de Galicia (21.11.1911), no traballo intitulado “Como se trabaja por Galicia. Vivero en Cuba”, Don José Mª describirá nestes termos a nova publicación galaico-cubana:
 
“La Revista citada es una verdadera filigrana en arte gráfico y en punto á literatura. La portada, en colores, muestra la figura de la diosa Minerva, que tiene en sus manos la antorcha de la Ciencia iluminando al mundo. A los pies de esta figura, que destaca del conjunto y avalora dicha portada, están los diferentes atributos de las Artes y Ciencias. Y completa el cuadro una artística estrella que simboliza el distrito de Vivero, en la cual se leen, con grandes caracteres, los nombres de los Ayuntamientos que lo componen”.

O equipo de redactores de Vivero en Cuba estivo formado, inicialmente, por Tomás Ramos Riguera, Amador Fernández, Vicente Otero Cao e Isidro García, exercendo como director José del Valle Moré. O feito de que fosen cualificados por Riguera Montero, no artigo que acabamos de citar, como “notabilísimos periodistas, con puesto de honor en el Parnaso cubano”, suscitou, porén, un acedo comentario desaprobatorio por parte do comentarista “Fray Cauterio” na revista galaico-habaneira Suevia (nº 8, 31.3.1912), moi identificada coa causa agrarista de Basilio Álvarez e na que escribiu profusamente Ramón Cabanillas: “Una de dos: ó el Parnaso ha venido muy a menos sin que yo me enterase, que ya no hay en él quien ocupe los puestos de honor, ó el señor Riguera Montero comete una imperdonable profanación con tantos y tan grandes poetas como en el mundo han sido”.

Vivero en Cuba, en palabras de Neira Vilas, “ten as [típicas] características das publicacións das sociedades” e, ademais de artigos, evocacións e poemas (a inmensa maioría de todo este material redixido en castelán, iso si), recolle basicamente, en gráfica expresión do autor de Memorias dun neno labrego, “reseñas de actos, banquetes, festas, nacementos, viaxes, obituarios, e inserción de fotografías de meniños sorridentes, rapazas que celebran os quince anos de edade, vellos fundadores, amáis de paisaxes da comarca de Viveiro e das escolas en construcción ou xa instaladas”. Santos Gayoso, pola súa banda, na súa Historia de la Prensa Gallega, anota con acerto que “en su contenido - la revista se declara ajena a toda tendencia política - predominan artículos de difusión sobre la labor realizada por la Sociedad (actividades recreativas, benéficas, instructivas y culturales), trabajos de exposición, desarrollo y clarificación de su programa e ideario, ensayos de divulgación pedagógica, biografías y comentarios acerca del mundo de la emigración”.

Da consulta directa dalgúns exemplares desta revista dedúcese, efectivamente, unha máis ben fraca presenza xeral de colaboracións de índole literaria e unha nómina máis ben parca de escritores e publicistas alleos á propia masa asociada. A reprodución de versos de Pastor Díaz ou Rosalía semella colmar as ansias poéticas da publicación e os artigos en prosa que inclúe (asinados por Riguera Montero, Roberto Blanco Torres, Manuel Cordido, Constantino Horta….) ou ben versan sobre cuestións relativas á problemática xeral da emigración, ou ben inciden nas orientacións da moderna pedagoxía, ou ben desenvolven achegas á biografía de ilustres galegos e galegas do pretérito, como Concepción Arenal ou mesmo Colón (lémbrese que é o momento en que García de la Riega e outros eruditos colocan a cuestión da presunta galeguidade do persoeiro).

O groso do contido do boletín lévao a propia vida societaria (actas e actos), a publicacións dos balanzos económicos, os comentarios de “vida social” da colonia viveiresa en Cuba (vodas, bautizos, defuncións, a sección “vive o murió”…), as crónicas sobre festas e sucesos acontecidos nas parroquias de orixe, as necrolóxicas de figuras relevantes da vida cultural da Terra de Viveiro (como o gaiteiro Choumín ou o poeta García Dóriga, de quen se comenta o volume póstumo ¡Fuego del alma!…) e a reprodución de numerosas fotografías e abondosa publicidade, constituíndo por ese motivo, a xuízo de Santos Gayoso, “una de las mejor presentadas y de más larga duración de las publicaciones periódicas editadas por las Sociedades Gallegas de Instrucción radicadas en América”.

Neste sentido, conta a revista viguesa Vida Gallega (nº 48, 30.11.1913) que o propio Taladrid Catá, antes de regresar á Península, percorría “las calles de la Habana llevando un fajo de papeles debajo del brazo. Parecía un viajante de comercio. ¿A dónde iba? ¿Qué artículo trabajaba nuestro héroe? Taladrid, con el Boletín de ‘Vivero y su Comarca’ iba á caza de anuncios. Se proponía el presidente de la agrupación filantrópica vivariense que el anunciante pagase los gastos de la publicación. El dinero de la sociedad hacía falta para otra cosa”.

Constatamos, por exemplo, que das corenta páxinas de que se compón o terceiro número da publicación, os anuncios publicitarios ocupan nada máis e nada menos que a superficie correspondente a vinte delas, incluída a propia contracapa e o reverso da capa. Os establecementos que se anuncian na revista son do máis diverso: tendas de roupa, sombreiros, calzado ou peletaría; ópticas, xoiarías e reloxarías; tendas de lámpadas, mobles, teléfonos, caixas de caudais, máquinas de escribir, gramófonos, automóbiles ou materiais de construción en xeral; casas de importación e exportación de víveres, conserveiras, pastelarías e chocolatarías; casas navieiras, aseguradores e entidades financeiras; produtos farmacéuticos; despachos profesionais de diversa índole (notarios, avogados…); casas de hóspedes…Non poucos dos negocios propagandeados na revista pertencían a asociados de “Vivero y su Comarca” e a propia revista insería chamamentos significativos como este:

“Todos los anunciantes de Vivero en Cuba contribuyen, indirectamente, a la gran obra de progreso y de cultura que ‘Vivero y su Comarca’ realiza; por lo tanto llamamos la atención, y recomendamos muy eficazmente a todos los lectores de nuestra Revista, y en particular a los socios de ‘Vivero y su Comarca’ que deben preferir, siempre, a otros similares, las casas y los productos anunciados por nosotros”.

Desde un inicio Vivero en Cuba simultaneou o reparto gratuíto entre os asociados coa venda ao público xeral ao prezo de 10 centavos o número solto. O balanzo de caixa de xullo de 1912, publicado no primeiro número de Pro-Galicia, permite constatar que a revista de “Vivero y su Comarca” conseguía financiarse enteiramente coa abundantísima publicidade que insería nas súas planas, pois tendo que pagar pola impresión dos números 6 e 7 un total de 81 pesos cubanos, recadou en concepto de cobro de anuncios 99. Esa relativa suficiencia permitiu mesmo adoptar decisións como a de distribuír gratuitamente ata un total de 400 exemplares en todo tipo de centros, sociedades, casinos círculos, etc. da colonia española e galega emigrada na Illa, a fin de que “en todas las bibliotecas de lectura se halle la Revista”. Esta converteseuse así, de facto, en “el periódico más visto y más leído de cuantos existen en este país” (Vivero en Cuba, nº 3).



O boletín Pro-Galicia

No verán de 1912, logo da constitución dunha Federación Galaica de sociedades de instrución nucleada por “Vivero y su comarca” (da que farán parte “Ferrol y su Comarca”, “La Unión Mañonesa” e “Progreso de Coles”), a revista Vivero en Cuba desaparecerá momentaneamente para dar paso a Pro-Galicia, publicación mensual ilustrada que dispuxo dunha avultada tiraxe de 5.000 exemplares (gratuítos para os socios das entidades federadas; ao prezo de 3 pesos ouro ao ano para o resto do público) e se definía diante dos lectores con estas significativas palabras: “Esta Revista está dedicada á la información de los trabajos que realizan las Sociedades gallegas de instrucción. Sus tendencias no son políticas ni religiosas; ocúpase exclusivamente de divulgar los conocimientos modernos en materia de enseñanza elemental y agro-pecuaria como medio para obtener una renovación completa en los procedimientos usados hasta la fecha en la población rural de Galicia” (nº 2, setembro 1912).

Con todo, desta luxosa publicación que foi Pro-Galicia só saíron catro números, dous en 1912 e outros tantos en 1913. O boletín ofreceu aos seus lectores por entregas un traballo de Concepción Arenal, intitulado “La instrucción del pueblo”; a partitura de “Gaiteiriño pasa…”, balada con letra de Aramburu e música de Chané; e unha lámina solta, co título de “Galería de Gallegos Ilustres”, que contiña retratos fotográficos de Curros, Rosalía e a propia penalista ferrolá.

Tamén publicou reportaxes, como a que leva por título “Como trabajan los gallegos en Cuba” (nº 2), moitas pequenas novas baixo a epígrafe de “Último correo de Galicia” e algún que outro artigo de opinión, como o asinado por “Guezmindo” no cuarto número (febreiro de 1913), en que o autor protesta polo ton despectivo con que era usado na Illa o cualificativo de “gallego” e fai un chamamento ao uso do idioma que nada ten que envexar aos que algo despois efectuarán as Irmandades da Fala fundadas polos irmáns Villar Ponte: “Hagamos propaganda intensa en favor de nuestro idioma; juramentémonos para no hablar entre nosotros otra lengua que la nuestra, y así, por la fuerza de la costumbre, llegará a hacérsenos tan popular como la Nacional, y conseguiremos que los que hoy pronuncian algunas frases en son de burla, mañana, cuando la hayan saboreado bien, no hablen otra, que es tan dulce y armónica que atrae y subyuga á quien la escucha”.

Nas planas do boletín que nos ocupa inseríronse, por último, traballos de literatos como Curros Enríquez (o poema “A Alborada de Veiga”), Luís Antón de Olmet (que recrea un episodio da navegación da carabela “La Gallega” comandada por Colón, “el insigne gallego fementido”) e J. B. (que glosa a traxectoria do músico José Castro Chané), así como necrolóxicas de Prudencio Canitrot ou Leiras Pulpeiro.

As páxinas que Pro-Galicia reserva a “Vivero y su Comarca” reproducen no esencial os mesmos esquemas e tipo de contidos que viñeran caracterizando Vivero en Cuba: escasa presenza literaria (aínda que se ofrecen novas sobre a aparición do poemario Pavesas de la hoguera, do viveirense Fernando Pérez Barreiro, futuro director do ferrolán El Correo Gallego), moita referencia á “vida social” da comunidade viveiresa na Illa, abundantísima notificación de asuntos relativos ao funcionamento da propia entidade (acordos, iniciativas, reunións, contas…) e tal cal artigo sobre cuestións relacionadas co labor pedagóxico (así “Cumpliendo un deber”, de José Ramudo) ou coas condicións dos edificios escolares. Sobre este último tema indicado escribe no terceiro número, por exemplo, José Antonio Pernas Peón, nesa altura activista de “Vivero y su Comarca” en San Pantaleón de Cabanas e futuro secretario municipal na vila do Landrove.

A revista Labor Gallega

Vivero y su Comarca resucita para saír de novo entre maio e xullo de 1913, co fin de suplir o fechamento de Pro-Galicia, mais volverá desaparecer en favor doutro cabezallo de orientación e índole semellantes que aparece en decembro dese ano: a revista ilustrada Labor Gallega, “Órgano de las Sociedades Gallegas de Instrucción”. O seu lema foi “Todo y todos, fraternalmente - por honor, por amor, por deber - en beneficio del mayor explendor [sic] y gloria de nuestra incomparable Galicia”.

Editada entre 1913 e 1917, Labor Gallega tivo carácter bilingüe, periodicidade mensual, estivo dirixida por Xoán Vicente Martínez Quelle e foi administrada, cando menos na súa derradeira fase, por Francisco Barral. Contou entre os seus colaboradores literarios máis destacados a Sofía Casanova e nela publicouse en separata, segundo informa Neira Vilas no seu A prensa galega de Cuba (1985), un folleto intitulado significativamente “Instrucción técnico-higiénica relativa a la construcción de escuelas”. Tamén viron lume nas súas planas algúns debuxos do artista viveirés Fermín González Prieto (Lander), daquela profesor no Colexio Concepción Arenal da Habana, e versos do emigrante Antonio Piñeiro Rivera, orixinario de Landrove, entre os que cabe rescatar este seu soneto ás Sociedades de Instrución que apareceu no número do 10 de setembro de 1915: 

Craro refrexo do porvir soñado
Dour’as cumes d’os nosos verdes montes:
As mouras sombras qu’as rodearon ontes
Fuxiron ant’o novo sol dourado.

Non foy d’a espada os rayos briladores
O que enxendrou exempro tan sonado
Nin o verbo d’os ruís esprotadores
Do povo nobre, que óyeos resinado.

Foy obra d’os humildes, q’alexados,
Pol’a patrea percuran garimosos
E ô ver da Redención crara rayola

Loitando van con peito levantado,
Con bandeira que ten un nome honrado 
Pois con sinos dourados dice: ¡ESCOLA!

O propio Taladrid Catá escribiríalle a Martínez Quelle na súa revista (nº 6, agosto de 1914): “Muy bella, muy buena y muy patriótica su Labor Gallega; ese es el camino: dando de lado a todo lo que es pequeño, consagremos nuestros esfuerzos a levantar el espíritu de nuestras gentes para hacer una nueva generación más práctica y más desprovista de prejuicios, que al presente le atrofian el entendimiento retrasando el día de la completa regeneración de nuestra amada y rica Galicia”.

Non obstante, o vínculo de Labor Gallega con “Vivero y su Comarca” debeu de afrouxar notoriamente ao pouco de saír á rúa esa publicación, dado que a sociedade viveiresa acabou por resucitar novamente, en febreiro de 1914, a súa revista primixenia, Vivero en Cuba, agora baixo a dirección do xornalista lugués Jesús Peynó (1869-1948), arribado á Illa en 1906 e que ha participar en numerosas outras empresas periodísticas da colonia galega emigrada (La Raza, La Región Gallega, Suevia…).

Vivero en Cuba editaríase mensualmente nesta súa terceira época desde febreiro de 1914 ata decembro de 1931, con algunha breve interrupción de por medio e baixo as direccións sucesivas de Peynó e Francisco Almoina.

Unha fulgurante expansión

A sociedade “Vivero y su Comarca” iniciou, a pouco de fundada, un proceso verdadeiramente fulgurante de implantación e medre, que se nutriu con emigrados procedentes, no fundamental, dos concellos de Viveiro, Ourol, Muras, Riobarba, Xove e Cervo.

Cadro 1. Evolución do número de socios de “Vivero y su Comarca” entre xullo de 1911 e outubro de 1912 (Fonte: revista Vivero en Cuba)
Xullo 1911 1.050
Novembro 1911 797
Decembro 1911 851
Xaneiro 1912 895
Xullo 1912 947
Setembro 1912 971
Outubro 1912 985

Ben é certo que esta expansión tivo intensidades moi distintas nos contixentes humanos que correspondían aos diferentes municipios comprendidos no Partido Xudicial viveirés. Así, mentres Ourol, Muras e Viveiro presentan taxas de afiliación moi nutridas (en xaneiro de 1912, 324, 126 e 259 socios, respectivamente), Riobarba achega unha porcentaxe máis modesta (80 asociados, na data indicada) e Xove e Cervo fican moi descolgados… Tanto, que a directiva da sociedade, na súa decimocuarta xuntanza, celebrada o 29 de febreiro de 1912, acordou “dirigir una carta á las Sociedades hermanas de la Argentina para que faciliten ayuda á fin de que puedan edificarse las escuelas de Sumoas y Juances en Jove y San Ciprián y Burela en Cervo, habida cuenta de que esta Sociedad únicamente cuenta con 18 asociados de Jove y Cervo” (Pro-Galicia, nº 1).

En paralelo á configuración dunha masa de socios considerábel, verificouse unha célere capitalización de “Vivero y su Comarca”, conseguida sobre todo a base de combinar catro métodos. O primeiro, mediante xenerosos donativos dos socios máis acaudalados, polo xeral comerciantes (bodegueros) e prósperos empresarios na Habana. Así, para o financiamento da escola de Magazos, por exemplo, o inicio da suscrición correspondente foi asumido por Taladrid Catá ($1.000), Ramón López Vázquez ($300), Antonio Pernas Corral ($100), Bernardo González Otero ($40), Manuel Galdo ($5) e Manuel L. Rodríguez ($5).

O segundo método consistiu na emisión de bonos por parroquia, para ser cuberta polos veciños da mesma que permanecían no solar nativo ou polos emigrantes en Cuba orixinarios dela. Esa emisión era garantida como empréstito sen interese á sociedade e amortizaríase “á la completa terminación” do proxecto no núcleo en cuestión (enténdase, cando estivese totalmente construído e dotado o edificio escolar correspondente).


En terceiro termo, os comités parroquiais de “Vivero y su Comarca” realizaron periodicamente no seu ámbito de actuación colectas, tanto monetarias como en especie. Para a escola de Cabanas, uns cincuenta veciños da parroquia achegáronlle ao comité, nunha primeira recadación, a cantidade de 281 pesetas e 50 céntimos. Algúns socios regalaron o importe de determinada cantidade de madeira dos seus montes (piñeiro e castiñeiro, sobre todo) ou pedra das súas canteiras, como foi o caso de Luís Franco para a escola de San Pantaleón, mentres que outros, como Ramón Pernas (pai de Pernas Peón) e os irmáns Manuel e Balbino Penabad, da mesma parroquia, deixaron o xornal que lles tería correspondido cobrar por determinados traballos na construción das escolas. Os carpinteiros Manuel González Suso, Francisco Murado González, José Vázquez e Francisco Fraga Fernández, todos eles da parroquia de Santa María de Cabanas, ofreceron á sociedade varios días de traballo gratuíto, mentres que outros veciños e veciñas (Rafael Fernández Trigo, Antonia Franco Díaz, María Sanjurjo, Rosa Pardo González…) puxeron a disposición carros para o carrexo dos materiais (así Balbina Sanjurjo) ou regalaron días de labor como man de obra. Na mesma perspectiva cabe anotar a participación e desempeño non remunerado de cargos no seo dalgúns comités parroquiais de “Vivero y su Comarca” dalgúns mestres nacionais, como é o caso de Manuel Cobas Núñez, na mesma Santa María de Cabanas, onde exercerá como secretario interino.

Por último, o cuarto método de financiamento descansou no cobro da cota ordinaria dos asociados, que era de 40 centavos de peso cubano ao mes. Con todo, a comezos de 1912 a revista Vivero en Cuba inseriu nas súas planas un cupón de votación para que os asociados puidesen pronunciarse en plebiscito sobre a conveniencia ou non de elevar a cuota ata os 50 centavos, resultando gañadora a opción favorábel á suba.

O certo é que apenas ano e medio despois da súa fundación, cuns métodos e outros, o capital da sociedade “Vivero y su Comarca” ascendía á nada desprezábel cifra de once mil pesos cubanos…

Deuse asemade, por outra banda, unha moi acertada e efectiva planificación propagandística, levada a cabo por unha sección ad hoc que se constituíu no verán de 1911 e da que foron responsábeis, entre outros, Paulino Vázquez, Julián Cabrera e Vicente Otero Cao. En numerosos medios periodísticos da Cuba de entón proliferaron os artigos con ou sen sinatura que glosaban, loaban ou explicaban os propósitos e os progresos da nosa sociedade. Ao mesmo tempo, publicacións da área orixinaria dos asociados, como o propio Heraldo de Vivero, La Voz de Vivero ou mesmo os diarios El Progreso de Lugo e La Voz de Galicia da Coruña facíanse puntual eco de todas e cada unha das decisións e iniciativas de “Vivero y su Comarca”, excitando en moitos lectores ánimos de colaborar con tal empresa. A respecto do Heraldo de Vivero, precisamente, insería a revista Pro-Galicia no seu primeiro número este elocuente solto:

Más del Heraldo.- De manera admirable nos secunda, siguiendo nuestras pulsaciones, este popular y altruista periódico; en casi todos sus números da á conocer los detalles más importantes de la sociedad Vivero y su Comarca; en el nº 14 comenta los méritos de nuestro delegado en Rodas, Sr. Amando Fernández, y en el 21, con una demostración de simpatía, reseña los nombres de la Junta Directiva que mereció el honor de nuestros consocios, para regir los destinos sociales en el corriente año.
Gracias colega, gracias muchas”.

De feito, os tres posteriores números editados do boletín da “Federación Galega” válense do Heraldo de Vivero como fonte para a inserción de novas relativas á nosa bisbarra, entre as que cabe mencionar, a título anecdótico, a primeira predicación do diácono Francisco Fraga Fernández, que tivo lugar na igrexa das Concepcionistas; o debate sobre os planos do futuro peirao viveirés, proxectado polo enxeñeiro Leopoldo Soler; os actos de homenaxe e recepción a Soto Reguera en Ourol, dos que levanta crónica o redactor do Heraldo Francisco García; etc.

Complementando este eficaz arroupamento mediático, funcionou un efectivo boca a boca divulgativo entre os membros da copiosa colonia viveiresa emigrada, como pon de manifesto a masiva asistencia desta aos reiterados encontros lúdico-festivos dominicais que a entidade organizou, co nome de xiras e matinés, unhas veces nos xardíns de La Tropical (en Marianao), outras nos de La Polar (en Guanabacoa) e outras máis aínda no denominado Parque Palatino da propia Habana. Nesas festividades procurábase reproducir, en palabras da xornalista Mercedes Vieito Bouza, “todo el mayor carácter gallego posible, toda la analogía con las romerías que allá en el rincón natal se celebran á la sombra de los añosos robles y los copudos castaños, entre falas agarimosas y pasos de muiñeiras” (Galicia, 11.11.1911). En paralelo, celebráronse xuntanzas informativas, normalmente nos domingos á saída da misa, en moitas das parroquias de referencia da Terra de Viveiro, conseguindo así masa social “Vivero y su Comarca” a ambos lados do océano.

Todo isto, sumado ao patrocinio exercido sobre a sociedade por influentes e crematisticamente poderosos persoeiros como Riguera Montero, Taladrid Catá, Antonio Rodríguez ou o deputado Soto Reguera, permitiulle a “Vivero y su comarca” posuír un magnífico local na Habana (concretamente no segundo andar do Polyteama), contar con numerosas delegacións en toda a Illa (Caibarién, Esles del Venero, Sagua, Cárdenas, Matanzas, Santiago de Cuba, Güira de Melena, Cienfuegos, Perico, Guanajay, Pinar del Río, Santa Clara, Guanabacoa, Rodas, etc.), nomear comités específicos (formados por un presidente e un vicepresidente) practicamente en todas as parroquias e lugares do Partido Xudicial viveirés, designar delegados e inspectores xerais en cada Concello (así Eugenio Quintana, secretario do Concello, en Ourol; Jesús Carballal e, logo, José Vázquez, en Muras; José Pernas Rodríguez, en Riobarba; etc.), editar ou apoiar diversas publicacións (Vivero en Cuba, Pro-Galicia, Labor Gallega…) e mesmo, en contraste co funcionamento máis ben voluntarista da maioría das entidades galegas na emigración, dispor de persoal a soldo para a xestión administrativa e propagandística da sociedade.

Mais, sobre todo, grazas a todas estas sinerxias concorrentes, a entidade puido emprender numerosos proxectos de construción, dotación e acondicionamento de edificios escolares na Terra de Viveiro, obxectivo e razón última da súa existencia.

Na primavera de 1912, “Vivero y su Comarca” dotou orzamentariamente a construción das seis primeiras escolas, escollidas previamente mediante sorteo celebrado o 9 de abril do ano anterior (Sumoas, en Xove; Bravos, en Ourol; Irixoa, en Muras; Valcarría, en Viveiro; Riobarba, na cabeceira do concello homónimo, actual O Vicedo, e, por último, San Cibrao, en Cervo) e procedeu a sortear as seis seguintes a levantar (Boimente, en Viveiro; San Pantaleón, en Ourol; Xuances, en Xove; Negradas, en Riobarba; Burela, en Cervo; e, por último, O Burgo, en Muras). Aproximadamente un ano despois, o 5 de marzo de 1913, o diario La Voz de Galicia daba conta nestes termos do comezo da primeira obra promovida pola nosa entidade:

“Se ha celebrado con toda pompa en San Pantaleón de Cabanas, según nos comunican de Vivero, el acto de colocación de la primera piedra del grupo escolar que en aquella parroquia costea la filantrópica Sociedad Vivero y Su Comarca (…) La dolencia que aqueja al infatigable señor Taladrid le impidió, muy á su pesar, concurrir al acto, pero le representó D. Balbino Franco, presidente de honor del comité delegado en San Pantaleón [o presidente efectivo era Inocencio Franco e o secretario José A. Pernas Peón]. Actuaron de padrinos en el acto el alcalde de Orol, D. Tomás Rodríguez y la distinguida señora doña Rosalía Santeiro, de Franco. Asistió también el delegado general de Vivero y Su Comarca, D. Eugenio Quintana (…) Plácemes merece el comité representativo de San Pantaleón, que tan diligentemente organizó todo para que fuese el suyo el primer edificio que se construyese”.
 
Claro que, segundo lemos na revista galaico-habaneira La Patria Gallega (nº 58, 12.4.1913), algún amigo do alleo aproveitou a solemnidade a que acabamos de referirnos para aumentar indignamente o seu pecunio:
 
“El lunes 16 del pasado, al dirigirse los canteros á las obras del grupo escolar que la sociedad Vivero y su comarca está construyendo en San Pantaleón de Cabanas notaron éstos que habían removido la primera piedra y se habían llevado las monedas allí depositadas. El pueblo encuéntrase indignado por tal suceso”.

Incidencias á parte, apenas medio ano despois de emprendida a xeira da nosa entidade, o propagandista e directivo Otero Cao escribía na revista Galicia (29.7.1911), sen poder ocultar a satisfacción e atribuíndolle o mérito todo aos directivos Taladrid Catá e Ramos Riguera: “Es innegable que esta sociedad es la que va á la vanguardia de todas las de su índole. Son veintiocho las existentes en la actualidad y ninguna ha alcanzado mayores éxitos en tan corto lapso de tiempo. Todos sabeis que aún no lleva ocho meses de fundada, y muy en breve procederá a construír seis planteles para la enseñanza, en distintas parroquias de su término judicial”.

Primeiras discrepancias

Se ben é certo que o corpo de socios conseguido inicialmente por “Vivero y su Comarca”, tanto en Cuba como nas bisbarras galegas orixinarias, nunca fora alcanzado “en tan corto tiempo de existencia por ninguna otra de igual índole”, como se encargaba de ponderar Tomás Ramos Riguera nun artigo en La Voz de Vivero (2.8.1911), tamén é indiscutíbel que moi axiña unha parte non pequena desa masa social perdeu o entusiasmo primixenio e arrefriou a inicial efervescencia, facendo bo o dito, tantas veces aplicado infelizmente ás empresas colectivas, de arranque de cabalo e parada de burro.

O citado directivo admitía con amargura no semanario viveirés que existía, por unha banda, “una parte aún muy numerosa de nuestra colonia que no pertenece á esta sociedad” e, por outra, que había unha franxa “aunque pequeña, de asociados que, cansados de contribuír dos ó tres meses con la cuota tan insignificante de 40 centavos al mes, se daban de baja”. Esa actitude, loxicamente, merecía a total reprobación de Tomás Riguera: “Nadie se explica tan poca constancia, tan poco amor, y tanto olvido de los deberes que incumben á todo buen patriota, á todo buen hijo de aquella hermosa tierra en que nació”.

Tamén Vicente Otero Cao deixa entrever, coidamos, que ían sendo cada vez máis frecuentes as baixas por desinterese no seo da entidade cando en decembro de 1911, na revista galaico-habaneira Galicia, escribe parágrafos como estes:

“Por eso cuando alguna vez el cobrador nos trae la desagradable noticia de que tal ó cual socio desea darse de baja en nuestra querida sociedad, nos conmueve el corazón. Yo suplico y hago un ruego á nuestros queridos comarcanos que sigan en nuestras filas y que no desmayen un momento (…) En cada escuela se colocará un cuadro con el nombre de todos los socios que ayudaron con su suscripción á realizarla, y díganme ustedes, ¿no sentirán su familia y ustedes pena, no tendrán ustedes un remordimiento de conciencia, al ver que su nombre no figure en él?”.

Non deixa de resultar chamativo que a propia Xunta Directiva se vise axiña sumida tamén nunha dinámica de marcada falta de participación dalgúns dos seus integrantes, dando pé a que a revista Vivero en Cuba, no número correspondente a febreiro de 1912, insira o seguinte solto. “Ruégase á algunos señores Vocales de la Directiva, que repetidas veces no asisten á las sesiones, no olviden que cada uno representa intereses de su parroquia y por la que debe velar [sic]”.

A maiores das baixas por indolencia de certo número de socios da primeira hora, aconteceu que algunhas das orientacións tomadas pola sociedade “Vivero y su comarca” e o particular estilo directivo, se cadra unha miga presidencialista de máis, dalgúns dos seus principais cadros comezaron a xerar os primeiros descontentos intestinos e as primeiras discrepancias públicas. Será a raíz da constitución da Federación Galaica cando xurdan no seo da propia sociedade de instrución viveiresa as primeiras voces abertamente críticas co labor da directiva que presidía Taladrid Catá.

Efectivamente, no número 22 da revista galaico-cubana Suevia (14.7.1912), que dirixía Ricardo Carballal Lafourcade (futuro redactor do boletín irmandiño A Nosa Terra), o vocal de “Vivero y su Comarca” Benito A. de Lage, representante da parroquia de Cervo na súa directiva, protesta contra a decisión de que a sociedade ingrese nesa Federación de novo cuño.

Segundo indica Lage, tal decisión resultaba ilegal, por canto fora tomada pola presidencia sen a consulta regulamentar aos asociados, “considerándonos de esa manera cuerdas de guitarra que hace sonar á su antojo ó entes inconscientes”; resultaba contraria ao estatuído, por canto abría a posibilidade de que os fondos recadados para erguer escolas puidesen ser desviados cara a investimentos doutra índole (promoción de centros recreativos, por exemplo); e, finalmente, era tamén inoportuna, pois xa existía na colonia galega un Comité Federativo das sociedades de instrución. Ese Comité aludido estaba formado polas sociedades de instrución “Centro de Benquerencia”, “La Unión Rinlega”, “La Unión Barcalesa”, “La Unión de Rubín”, “Liga Santaballesa”, “Hijos de San Miguel de Reinante”, “Alianza de Villamarín”, “El Valle de Oro”, “La Devesana”, “La Moderna de Barcala”, “Aurora de Somozas”, “San Adrián de Veiga”, “Progreso de Coles” (que a abandona para integrarse na Federación) e "Círculo Habanero", se ben cómpre non perder de vista que o seu propio secretario, José F. Fernández, queixábase nas páxinas da mesma revista Suevia (nº 6, 17.3.1912) de que “está cruzando actualmente por un período de desorganización lamentable que amenaza acabar con su existencia”.

Escola de Cervo
Pouco despois de que Benito Lage fixese as súas aparentemente ben fundadas acusacións, “Varios socios” subscribirán unha carta aberta na mesma revista Suevia (nº 27, 18.8.1912) corroborando o dito polo representante de Cervo na directiva de “Vivero y su Comarca”. 

Nesa misiva cualificaban a sociedade viveiresa como “nueva covacha de caciques, que no por ser refinados los unos y poderosos los otros, dejan de ser más tiranos, más déspotas y menos caballerosos que los caciques de allende”; aludían ao presidente Taladrid Catá como “simplote caciquillo” e acusábano de ter solicitado da directiva da entidade, embora sen éxito, autorización para expulsar sen formación de expediente “á todo aquel que censurase ó no estuviese conforme con los acuerdos”.

A todas estas críticas e acusacións respostará Ramos Riguera, en nome da directiva de “Vivero y su Comarca”, nas páxinas do primeiro número do boletín Pro-Galicia, cualificándoas de “falsas especies”, “versiones infundadas” e “imputaciones calumniosas”, que só tiñan por obxecto desmoralizar a masa social da entidade. Dado que non podía obviar o feito de que as acusacións partían dun antigo integrante da directiva fundadora, Benito Lage, o representante oficialista de “Vivero y su Comarca” tentou descualificalo ad personam con parágrafos como este:

“Mucho lamentamos ver á cierto asociado mezclado en esa contienda, ofuscado ó llevado de su espíritu pasional; y doblemente nos extraña, por cuanto en los albores de la sociedad “Vivero y su Comarca”, permaneció alejado completamente de aquel vía crucis que hubo que recorrer”.

Na mesma orde de cousas, no segundo número de Pro-Galicia (setembro de 1912) insírese a carta que o redactor do semanario Patria Gallega Enrique Barros dirixiu a Tomás Ramos Riguera presentándolle excusas por determinadas aseveracións sobre “Vivero y su Comarca” que estampara nun solto intitulado “Colmos federativos”, aseveracións que lamentamos non poder ofrecer: “(…) con gusto doy á usted todo género de explicaciones retirando y dando por no dichas las frases ni emitidos los juicios con que en dicho suelto se alude á la sociedad ‘Vivero y su Comarca’ y á usted”.

Unha xira propagandística de Taladrid Catá

A despeito das críticas que se vertían contra a xestión da directiva que encabezaba, o flamante presidente de “Vivero y su Comarca” adquiriu en 1912, en Guanabacoa, a finca La Corona (que pasou a chamarse desde entón Villa Galicia), co fin de que puidesen realizarse nela as xiras e festivais das sociedades que compoñían a recén creada Federación Galaica.

Taladrid Catá tiña xa en mente nesa altura realizar a viaxe de regreso á Península, logo de trinta e catro anos de residencia en terras caribeñas, para “reponer su quebrantada salud con las ráfagas galicianas que tendrán para él blanduras acariciadoras” (Pro-Galicia, nº 1) e, asemade, para impulsar sobre o terreo a obra da entidade asociativa que viña de promover e fundar.

Nas vésperas do seu regreso, o noso indiano é obxecto de diversos homenaxes antes de embarcar o día 20 de agosto de 1912 no vapor “Alfonso XIII”, da Compañía Transatlántica Española. No transcurso dun banquete de despedida celebrado o día 18, por exemplo, é agasallado polos socios de "Vivero y su comarca" cun diploma en pergamiño pintado por Mariano Miguel. Segundo explica nesa altura o Diario de la Marina, Taladrid Catá “lleva para la Madre Patria una misión por demás nobilísima, cual es la de desarrollar sobre el terreno y bajo su competente dirección, el plan de escuelas que allá en la tierra cantada por el gran vivariense Nicomedes Pastor Díaz, han de establecer los hijos amantísimos de aquella poética comarca”. Pola súa vez, o Diario Español pondera na altura que Taladrid “deja la Sociedad ‘Vivero y su Comarca’, á los diez y ocho meses de fundada, boyante: con un capital de 11.000 pesos y con 1.000 socios activos, fruto todo de su perseverancia, entusiasmo y personalísimo empeño”.

Unha vez chegado a Viveiro o 2 de setembro, Taladrid foi cumprimentado no seu domicilio por distintos representantes e persoeiros da sociedade viveiresa. Entre eles cómpre salientar a figura do líder liberal na vila e fundador do Heraldo de Vivero Benigno López. Tras esta recepción, o presidente de honra e delegado de “Vivero y su Comarca” emprendeu un breve periplo de visitas a diversas parroquias do Partido Xudicial: o día 9 de setembro achegouse ata Merille; o 11 do mesmo mes partiu para San Pantaleón; o 13 fixo xestións en Riobarba; o 14, en Ourol, aonde regresou novamente o 19; o 22 visitou Bravos… En cada parroquia Taladrid Catá, que se fixo acompañar polo entón xoven agrimensor José Antonio Pernas Peón, xantou coas autoridades locais, celebrou reunións cos correspondentes Comités locais da sociedade, inspeccionou en persoa os lugares elixidos para emprazamento das futuras escolas que se ían edificar, arengou á veciñanza con discursos explicativos sobre a necesidade de instrución e sobre os fins concretos de “Vivero y su Comarca”, iniciou algunhas colectas, reclutou novos apoios, etc.

Non todo foi, porén, chegar e encher. En Bravos tivo que convencer os veciños, reunidos ad hoc despois da misa, da idoneidade do sitio elixido para erguer a nova escola. En Cabanas non atopou, de entrada, un lugar axeitado. O mesmo lle aconteceu en Xerdiz, pois dous terreos dispoñíbeis por doazón, un diante da igrexa e outro perto do río, implicaban un desmonte que, en palabras do cronista de Pro-Galicia (nº 3) “costaría demasiado: más de lo que valdrían buenos terrenos en sitio adecuado”. Perante este contratempo Taladrid convocou a veciñanza e tentou convencela de que “los templos de la enseñanza no podían estar en el monte” e de que, xa que logo, urxían terreos alternativos, ben por nova doazón, ben mediante venda, ben por permuta cos inicialmente ofrecidos. Caso contrario, “Vivero y su Comarca” tería que abandonar a súa idea de construír unha escola na parroquia. O que aconteceu entón relátao o citado boletín Pro-Galicia da seguinte maneira:

“El enérgico pero dolido discurso del Sr. Taladrid, produjo su natural efecto. Un buen gallego llamado Juan Ramón Vizoso, cuñado del señor José Chao, después de ir en busca de su señora esposa, accedió á la permuta con la señora Bahamonde. El terreno permutado está en Cancela de Souto Chao, á 200 metros de la casa de la señora María Bahamonde. El lugar es bueno, alegre, llano y frente al camino principal (…) La Sociedad acordó demostrar su satisfacción, nombrando socio de mérito al señor Vizoso, que tal prueba de amor dio por nuestra obra”.

Rematada esta primeira xira por diversos concellos e parroquias da área de actuación de “Vivero y su Comarca”, Taladrid emprendeu unha segunda fase do seu labor, desprazándose o 24 de setembro de 1912 a Madrid na compaña do deputado Soto Reguera. Ademais de facer diversas xestións no Ministerio de Instrucción Pública, o indiano levou a cabo entón diversas entrevistas e contactos de cara á constitución na capital hispana dunha delegación societaria, que naceu finalmente o 19 de novembro, en reunión que tivo lugar nos salóns do Centro Galego previa convocatoria a todos os viveireses “de quienes se conocían sus domicilios” asinada por Soto Reguera (nomeado posteriormente Presidente de Honra), José García Díaz e Bartolomé Rodríguez. Tralos correspondentes discursos, procedeuse na citada xuntanza a configurar a directiva da delegación, con José García Díaz na presidencia, José Rodríguez Albo na secretaría e Ramón González López, Francisco Díaz, Ramón Ferrnández Santos e José Cora y Lira nas vocalías.

No contexto desta segunda fase de contactos que realiza Taladrid Catá explícase tamén a constitución, coa súa presenza, dunha Delegación de “Vivero y su Comarca” na Coruña, despois de celebrada a tal fin no Teatro-Circo “Pardo Bazán”, o mércores 6 de novembro de 1912, unha asemblea de viveireses residentes na cidade.
 
A presidencia de honra da nova Delegación recaeu nas persoas de José Mª Riguera Montero e do ancián Marqués de Louredo (Fernández Alsina, principal promotor da Electra Industrial Coruñesa), mais a presidencia efectiva foi outorgada, por unanimidade, ao entón xornalista de La Voz de Galicia Antón Villar Ponte, quen estaría acompañado na directiva por Manuel Quintana (vicepresidente), José Pernas Rodríguez (tesoureiro), Jesús Galdo Parapar (secretario) e Luís Osorio Tejada, Manuel Ínsua, Ramón Paz Penabad, Nicolás González, Manuel Cabaleiro e Manuel García Pernas (vocais)

No transcurso desta asemblea constituínte da delegación coruñesa de “Vivero y su Comarca”, informa La Voz de Galicia (7.11.1912), “El sr. Villar Ponte, recogiendo una iniciativa del sr. Osorio (D. Luís), que acogieron todos los asistentes con visible satisfacción, propuso que, en vista de que en la capital del distrito de Vivero vienen publicándose unos sucios libelos indignos de un pueblo culto, que atropellan y violan lo que la civilidad ha hecho más respetable - lo íntimo del hogar -, se acuerde exteriorizar por medio de una hoja impresa que firmarán los coruñeses, sin distinciones, la protesta más enérgica y la condenación más rotunda contra tan mezquinos y despreciables procedimientos de publicidad”.

Son estes os ecos na reunión constitutiva da delegación herculina de “Vivero y su Comarca” da feroz rivalidade política que se instalara nesa altura a nivel local entre liberais e conservadores. A ese enfrontamento desbocado había de referirse o propio Villar Ponte, evocándoo no Álbum de Vivero (1934), con estas palabras: “El de las luchas políticas de dos bandos sin ideas, episodios de picaresca rural - Capuletos y Montescos en búsqueda de pastor - que celebraban el triunfo incivilista con música, cohetes y cambio de guardias municipales…”

Orientacións pedagóxicas e educativas

A masa galega emigrada nos países de América ao longo de todo o século XIX e primeiro terzo do XX experimentou en carne propia as desvantaxes da falta de formación. Relegada, en termos xerais, aos traballos máis duros, malpagos e sen cualificación, vítima de mil e un enganos por non saber ler nin escribir, falta de coñecementos e habilidades cívicas xa comúns e asumidas naquelas prósperas repúblicas, obxecto de menosprezo e burla en non poucos sectores e ambientes por tal motivo, non admira que do seu seo xermolasen ao raiar da nova centuria entidades como “Vivero y su Comarca”, dispostas a atallar o que consideraban en boa medida raíz última de todos eses males. Sinalaba Riguera Montero en 1912, neste sentido, nas páxinas de Vivero en Cuba (nº 6/7), que urxía “difundir la instrucción y aumentar el trabajo en la Península, tanto para disminuír la emigración, si es posible, como para colocarla en condiciones mejores”.

O abandono ou indolencia do Estado, das Deputacións provinciais e dos propios Concellos en materia educativa deixou en mans destas “sociedades de instrución” articuladas nos núcleos da emigración a tarefa de construír e dotar escolas nas parroquias de que procedían os seus asociados. Tratábase de suplir unha carencia xeral que se plasmaba en realidades pouco menos que vergoñentas: enormes taxas de analfabetismo no medio rural, escaseza de mestres, falta de locais e materiais escolares, etc. O labor das “sociedades de instrución” visará, por iso, tres grandes campos de actuación. En primeiro lugar, pregoar o valor da educación como ferramenta e requisito para a promoción e o benestar, tanto persoal como económico e profesional, estendendo o disfrute deste dereito, cando menos no que chamamos hoxe Educación Primaria, a toda a poboación. En segundo, modificar a situación tocante aos espazos escolares dispoñíbeis, construíndo moitos novos, arranxando algúns existentes e dotándoos a todos de materiais imprescindíbeis para o éxito pedagóxico. E, en terceiro lugar, presionar ao Estado para que dotase de suficientes e ben capacitados recursos humanos (léase mestres e mestras titulados) todas esas novas aulas e edificacións escolares.

Loxicamente, cada “sociedade de instrución” fundada polos emigrantes galegos adoptou os principios e orientacións pedagóxicas que estimou máis oportunas. Hóuboas que abrazaron, no fundamental, as ideas krausistas ou “institucionistas” sobre educación (Giner de los Ríos, Ignacio Ares de Parga…), procurando un ensino cordial e estimulador, que fomentase a curiosidade e auto-responsabilidade do alumno na propia formación, prescindise de exames e castigos, favorecese o contacto coa realidade, combinase educación física e intelectual e respectase o principio de neutralidade en materia ideolóxica e relixiosa. Outras, en cambio, estiveron máis achegadas aos xeitos disciplinarios, memorísticos, competitivos e rotineiros do ensino tradicional, abertamente confesional ademais.
 
Escola de Landrove (Viveiro)
Nesta perspectiva, “Vivero y su Comarca” mantivo unha actitude que podemos definir como ecléctica, en que se combinan elementos máis propios da pedagoxía tradicional (o confesionalismo relixioso, por exemplo, defendido por Vicente Otero Cao nas páxinas do cuarto número de Vivero en Cuba con estas palabras: “¿Qué otra moral, qué otra podemos inculcar al niño que la cristiana? ¿Que otra doctrina más verdadera, más saludable que la que nos enseñaron nuestros antepasados (…)? [es] necesario ser creyentes para que los niños tengan respeto á alguna cosa”), con outros de xinea claramente renovadora, como a noción do ensino como ferramenta de mellora social.

A pretendida “neutralidade” política da entidade non ocultará nin o seu total escoramento e dependencia a respecto da facción liberal dinástica sotorreguerista no distrito viveirés, nin a súa escasísima vinculación co galeguismo organizado, nin a antipatía manifesta dalgúns dos seus dirixentes cara aos credos nesa época tidos por máis “avanzados” (por empregarmos a propia terminoloxía usual entón): republicanismo, anarquismo, socialismo…. Nese sentido, téñanse presentes as liñas con que Tomás Ramos Riguera retrata encomiasticamente a personalidade do seu colega de directiva Vicente Otero Cao (Vivero en Cuba, nº 3, xaneiro de 1912):

“Otero Cao no profesa idea política alguna, ha comprendido que nuestros males parten del tronco, no de las ramas (…) y por eso se burla irónicamente de los que creen que la regeneración de nuestra Galicia se logra pidiendo cómodamente, con dicterios depresivos (fáciles de pronunciar también) la supresión de curas, de iglesias, Alcaldes, etc., etc. No, Otero pretende llevar al ánimo de esos charlatanes (…) que la regeneración de Galicia depende de dos importantes cuestiones únicas: descentralización administrativa rompiendo el control usurpador de Madrid; obligación de los padres de enviar sus hijos á la escuela hasta pasada la edad de catorce años con prohibición de ser explotados en las faenas del trabajo”.

Algúns lemas que figuraron na mancheta da revista Vivero en Cuba falan por si sós da orientación tamén rexeneracionista adoptada por “Vivero y su Comarca”, en difícil conciliación co seu moderantismo básico: "Cada escuela que se abre, es una cárcel que se cierra. Instruirse es una obligación. El salvador fue maestro. La instrucción es de necesidad pública" (Concepción Arenal); "El primer deber de un ciudadano es instruirse. El segundo es trabajar. Quien funda una escuela civiliza. Quien educa hombres hace patria" (J. N. Aramburu).

Debe citarse igualmente como mostra da asumpción dalgunhas orientacións da pedagoxía innovadora por parte da nosa Sociedade a importancia dada á relación do alumnado co entorno. O terceiro número de Vivero en Cuba (xaneiro 1912), por exemplo, inclúe o artigo “Los deberes del maestro y las excursiones escolares”, sen asinar, en que se cita a autoridade do pedagogo Antonio Puig para proclamar: “La vieja pedagogía, imperante aún en nuestro tiempo, abre un abismo entre la escuela y la sociedad. Por eso hay que romper la verja que limita el jardín ó las paredes que cierran el edificio de la escuela”.

Podemos traer a colación, así mesmo, un artigo intitulado “Es un sagrado deber”, que asina J. R. B. no cuarto número de Vivero en Cuba e que compendia, dalgún xeito, o conxunto de expectativas formativas que os membros da nosa entidade depositaban nesa institución escolar que con tanta ilusión estaban a impulsar e favorecer. Na escola, sinálase, “adquiere el niño sus primeros conocimientos morales é intelectuales, á la vez el cariño y respeto que debe guardar á sus padres, el amor á su patria, el modo de conducirse con sus semejantes, la honradez y constancia que todo ser humano ha de observar en sus actos como patrimonio de buen ciudadano”.

O xornalista e presidente da delegación coruñesa de “Vivero y su Comarca” en 1912, Antón Villar Ponte, que tan destacado papel xogou na historia cultural e política da Galiza do primeiro terzo do século XX, aproveitou as planas do diario para o que entón traballaba, La Voz de Galicia, para expoñer e reivindicar con claridade as grandes liñas que debían inspirar, ao seu ver, o labor emprendido polas sociedades de instrucción, en xeral, e pola entidade viveiresa, en particular.

Efectivamente, no artigo “Patriotismo en acción. Admirable labor de los gallegos de Cuba” (5.6.1911), Antón loará o esforzo que as sociedades de instrución comezaban a despregar nesa altura para a creación de escolas nas comarcas de orixe. Así e todo, dado que “por la escuela se transforma el mundo, más que por leyes y revoluciones”, estimará moi conveniente facer algunhas reflexións sobre as orientacións e finalidades últimas de todo ese novo tecido escolar. Se o obxectivo final era rexenerar o país, desterrar o analfabetismo e formar cidadáns conscientes, o labor pedagóxico esixiría unhas bases en certo sentido opostas ás que viñan caracterizando o sistema escola realmente existente:

“Una escuela es poco, si no es otra cosa que una escuela más. Una escuela donde sólo se enseñe á leer, escribir y contar, como en la mayoría de las del Estado; una escuela donde sólo se dé instrucción libresca, conforme al método clásico, bien escasos frutos habrá de cosechar ciertamente (...) Vosotros debeis oponer á la escuela rutinaria, mecánica y materialista del Estado, la nueva y europea escuela espiritualista. Las escuelas oficiales no tienen alma, y vuestras escuelas deben de tenerla, como la tienen todas las que á las modernas orientaciones de la pedagogía se atienen. Y al decir alma, quiero referirme sencillamente á una unidad de vida moral, á una alta expresión de cultura ética, nexo claro de un común idealismo (...) Lo importante no es que la escuela tenga un 'ideal' determinado, sino que tenga 'una idealidad'”.

Esa común “idealidade” da nova escola, segundo Villar Ponte, non debía remitir a ningún credo ideolóxico ou relixioso particular, a diferenza tanto das escolas laicas promovidas polo obreirismo ácrata ou socialista como das escolas confesionais animadas pola Igrexa católica e as súas numerosas Congregacións:

“A los niños no debe de imponérseles una doctrina cerrada. Hay que respetar su libertad. Nuestra obligación estriba en procurar que ellos profesen mañana un ideal; pero no les exijamos que profesen el mismo que nosotros. Inculquémosles la idealidad: esto es, la nota común, el tono común a todos los ideales, cuyo sólido eje cristalino viene á ser la moral (...) Dejemos en los umbrales de la escuela, las babuchas del egoísmo de grupo, del sectarismo apasionado, para entrar en ella llevando impreso en la frente lo que es esencialmente, universalmente humano, lo que une á todos los hombres porque existe en todos los corazones con carácter de permanencia: el amor desinteresado al bien, el afecto hacia los demás, el ansia de perfeccionarnos nosotros mismos y de que el mundo entere progrese (...) El alma de la escuela no la engendran, ni la asignatura de religión aprendida de memoria, ni los rezos y oraciones recitados maquinalmente; el alma de la escuela no la crean tampoco los bustos en yeso de la República que tratan de substituir á los Santos Cristos. El alma de la escuela tiene su génesis única en la serena educación moral”.

A bondade, a rectitude, a virtude, o altruísmo, o sentido do deber, o amor pola verdade, etc. serían outros ingredientes que conformarían esa moral, esa “idealidade”, que a xuízo de Villar Ponte, debería presidir todo o labor pedagóxico das escolas promovidas polas sociedades de instrución alentadas desde a emigración. A escola, acrecentará citando ao reformista Luís de Zulueta, "debe basarse en un sentimiento de sociabilidad, de cooperación, de solidaridad humana".

O derradeiro consello que Villar Ponte brindará ás sociedades de instrución no artigo que vimos citando é que non caísen na tentación de poñeren os seus máximos esforzos en alcanzar a maior esplendidez dos locais ou a máxima abundancia de materiais pedagóxicos, pois a verdadeira clave do proceso educativo, coidaba o xornalista, estaba fundamentalmente na figura do mestre:

“El maestro lo es casi todo. Preocuparos casi exclusivamente de buscar un buen maestro. El local, el material, ¿quién osaría negarlo?, tienen su importancia. Pero creed que ese buen maestro, bien retribuído, creará una buena escuela, aunque sea á la sombra de un árbol, como afirmaba Rousseau”.

De maneira un tanto premonitoria, mencionaba así o autor de A patria do labrego unha das desviacións ou desenfoques que, desde a perspectiva que nos outorga o tempo transcorrido, podemos dicir máis claramente afectaron en certo sentido ao labor de “Vivero y su Comarca”. A entidade fixo gala desde o primeiro día, abofé, da magnificencia e adecuación dos edificios escolares que proxectou e finalmente construíu. No artigo “Los edificios escolares”, de José Antonio Pernas Peón (Pro-Galicia, nº 3), transparéntase esta importancia que o asunto arquitectónico-construtivo cobrou para os responsábeis da entidade:

“Es tema de suma importancia la elección de sitio apropiado para el emplazamiento de los edificios escolares y creo merece ser estudiado detenidamente por los Comités que en las parroquias de nuestro partido judicial representan á la redentora sociedad de instrucción ‘Vivero y su Comarca’.
El local-escuela, si ha de estar en consonancia con la trascendental finalidad que la educación de la niñez persigue, debe reunir ciertas condiciones higiénicas y pedagógicas (…).
De aquí nace la conveniencia de que los locales destinados á escuelas reunan las apetecibles condiciones de que estén bien ventilados y penetren en ellos abundantemente el sol y la luz.
Estos deben emplazarse en terreno elevado, seco, salubre y bien orientado, conforme lo exija el clima predominante del lugar; su situación ha de procurarse no muy distante del mayor núcleo de población escolar y al centro de la parroquia, si es posible, para no dificultar la asistencia, al propio tiempo que esté separado de focos de infección física y moral”.

Mais os edificios magníficos e as aulas ben dotadas de nada serven se, por falta de mestres, teñen que permanecer fechados ou mesmamente se, habendo finalmente mestres, estes non teñen a formación necesaria para dirixiren con acerto o proxecto educativo que encabezan ou non reciben os estímulos crematísticos e sociais que se corresponden á alta misión que se lles encomenda. E aí naufragou, en boa medida, toda a andamiaxe de “Vivero y su Comarca”, certamente non por responsabilidade súa, que puxo o que na súa man considerou debía poñer (edificios magníficos e materiais escolares axeitados), senón porque o Estado regateou miserabelmente a dotación humana que se necesitaba para moitos deses centros de nova creación, inviabilizando así na práctica que exercesen a acción benefactora para a que foran concibidos. “Sobraron edificios e faltaron mestres”, podería ser o leit-motiv valorizativo que se colocase no monumento erixido ano tras ano por “Vivero y su Comarca”, poboado de boas intencións e sementado de filantrópicos esforzos dignos de mellor sorte.

Nova directiva e novas críticas

Visto o ideario pedagóxico que, grosso modo, animou a sociedade, retomemos o fío que nos permita reconstruír a súa deriva na segunda e terceira décadas do pasado século.

Apagadas as primeiras críticas intestinas que encabezara o representante de Cervo na directiva de “Vivero y su Comarca”, Benito Lage, a sociedade non deixará de rexistrar periodicamente, non obstante, novos episodios de confronto público sobre as súas orientacións, sobre os seus métodos e sobre as actitudes e presuntas intencionalidades dos seus dirixentes.

Con Taladrid Catá xa na Península, a xunta xeral de asociados reuniuse na Habana e elixiu nova directiva para 1913: Fernando Santos, como Presidente; Eusebio Balseiro, como Vice-presidente Primeiro; Antonio Pernas, como Vice-presidente Segundo; Pedro Vázquez, como Secretario; Manuel Pernas, como Vice-Secretario; Ramón López, como Tesoureiro; e Francisco Rodríguez, como Vice-Tesoureiro.

Foron así mesmo designados Vocais, en representación das parroquias de todo o distrito: Plácido Fernández (Viveiro), Marcelino Pernas Corral (Magazos), Julián Paz Martínez (Celeiro), Ramón Rodríguez (Landrove), Vicente Díaz (Covas), Manuel Armesto e Manuel Docal (Chavín), Manuel López Veiga (Boimente), José López González (Valcarría), Ramón Abadín García (Galdo), José Ínsua (Faro), Ramón Escourido López (Miñotos), Jesús C. Riguera (Merille), Manuel Pardo López (Ambosores), Francisco Blanco Carballido (O Sisto), Luís Martínez (Riobarba), Manuel Polo (Negradas), Constantino Piñón (Suegos), Vicente Torres (San Estebo do Val), José del Valle Moré (San Román), Antonio Pedreira (Mosende), Perfecto Cuadrado (Xove), José Cora (San Isidoro), Vicente Alvariño (Vieiro), Manuel Vizoso (San Pedro), José Puentes (Ourol), Jesús Peón Bahamonde (Xerdiz), Teolindo Vázquez (Bravos), Leopoldo Durán (San Pantaleón), Jesús Paraños Otero (Muras), Antonio Lamas (Irixoa), José Trastoy (A Balsa), José Fernández (O Viveiró), Ramón Escourido (Silán), José Rouco (O Burgo), Pedro Doval (Cabanas) e, finalmente, Manuel Pena, Vicente Villarquide e José Díaz (Cervo).

O continuísmo practicado pola nova directiva tocante a métodos e orientacións fixo que non tardasen en aparecer novas críticas desde determinados sectores da colonia galega en Cuba. Nas páxinas da revista La Patria Gallega (nº 58, 12.4.1913), o anónimo redactor do traballo intitulado “Cambio de ruta” escribe a propósito da sociedade de instrución viveiresa:

“Son muchos los que creen (...) que la ruta seguida hoy por la sociedad de instrucción “Vivero y su comarca”, a pesar de que haya podido estar empedrada de buenas intenciones, no fué la más conveniente a los intereses sociales a causa de no resultar ser la más económica”.

En opinión deste crítico, os gastos de local e de persoal administrativo que “Vivero y su Comarca” tiña que afrontar detraían demasiados fondos que foran recaudados cunha finalidade máis clara e directa, a de financiar os novos edificios escolares. Na mesma perspectiva, o boletín Pro-Galicia, alén de oneroso para as arcas da entidade, resultaba unha “revista creada, a lo que parece, para ser bota-fumeiro (pagando los vivarienses el incienso y la mitra [sic]) de quien, si apuramos algo el concepto, bien merecido tiene el desdén de sus convecinos”. De idéntica maneira, o articulista acusaba certos directivos de utilizaren a sociedade “para pasar por muy patriotas y muy honrados” e cubriren así “sus ruines y miserables aspiraciones”. Como colofón aos seus comentarios, o redactor do traballo inserido por La Patria Gallega propugnaba unha política alternativa para o funcionamento de “Vivero y su Comarca”, que resumía nos seguintes termos:

“Queremos que la modestia, la economía y la más refinada y exigente moralidad presidan los actos todos de la sociedad (...) que la nueva junta de gobierno dándose cuenta del gran sacrificio que para muchos representa el abono de la cuota social, dedique esta al objeto para que es entregada y no a sostener lujosa revista, espléndido local y numeroso y bien retribuído personal. No necesitamos Revista de ninguna clase, porque los periódicos todos dedican una sección a las sociedades de esta índole en la cual publican todo lo referente a las mismas que se le envía: no necesitanos local grande ni chico porque tenemos siempre a nuestra disposición los salones del Centro Gallego (…) y no necesitamos más personal retribuído que un escribiente cobrador”.

Unha retirada de apoio significativa

Relevantes e significadas figuras da cultura galega, como é o caso do xa citado Antón Villar Ponte, inicialmente atraídas pola entidade e colaboradoras con ela, manifestarán a non tardar a súa decepción e retiraranlle finalmente o seu apoio.

Neste caso concreto, o afastamento virá provocado, en primeira instancia, polo total enfeudamento que “Vivero y su Comarca” protagoniza en relación á figura do político entón liberal albista Soto Reguera, deputado polo distrito. 

Abonda ler parágrafos como os que a seguir reproducimos, tomados do primeiro e terceiro números da revista Pro-Galicia, respectivamente, para decatarse da intensidade deste fenómeno tiralevítico ou turiferario que se estabeleceu entre sociedade e preboste, que foi o que provocou a incomodidade do autor de A patria do labrego:

“Constantemente venimos dándonos cuenta de los repetidos y señaladísimos favores que á nuestra comarca tiene concedidos el incansable y prestigioso hombre público y elocuente abogado Sr. D. José Soto Reguera, diputado por Lugo.
De ingratos ó indiferentes pecaríamos, porque antes de todo y sobre todo somos vivarienses, sino hubiésemos de tributar, á tan dignísimo benefactor, un aplauso sincerísimo que le demuestre nuestro agradecimiento expontáneo e imperecedero.
También pecaríamos de inconscientes sino hubiéramos de exhortar á nuestro pueblo, á que hojeando constantemente el protocolo de incuestionables méritos que para con las comarcas vivarienses tiene contraídos el Sr. Soto Reguera, se de perfecta cuenta de un deber, brindándole alientos y prestándole apoyo en sus magnos proyectos”.


“Este meritísimo compatriota ha recabado nuevas mejoras para nuestra localidad. Le felicitamos no regateándole nuesrro aplauso sincerísimo y nuestra gratitud.
Gratitud tendremos siempre para los hombres que por el mejoramiento de nuestra comarca, se esfuerzan; por ello es que, aunque de manera deficiente, procuramos corresponder con nuevo afecto, al hombre sobresaliente, al señor Soto Reguera, que, á sus empeños é influencias, tanto debe el partido de Vivero, al que rinde fervoroso culto”.

Parágrafos encomiásticos deste teor salferen, en realidade, todos os exemplares que consultamos tanto de Vivero en Cuba como de Pro-Galicia e nesta última publicación (nº 4) lese que a Xunta Xeral da sociedade acordou a comezos de 1913

“la confección de un álbum-homenaje, con la firma de todos los asociados, que será enviado al señor Soto Reguera, como prueba del agradecimiento de los vivarienses residentes en Cuba á la labor efectuada por tan distinguido representante, en auxilio y beneficio del distrito de Vivero y de los fines culturales de nuestra Sociedad (…) 
[ese álbum] lleva en su portada un hermoso tríptico, coronado por los escudos de España, Galicia y Vivero, ostentándose en su centro sencilla dedicatoria de un hermoso efecto y llevando á uno y otro lado el retrato del señor Soto Reguera y una vista de Vivero, tomada desde la Misericordia.
Siguen dos hojas orladas, en las que consta el acuerdo tomado por la General y á continuación las hojas de firmas. Todas las hojas son de regio papel de pergamino con cantos dorados al fuego y la encuadernación en piel de Rusia (extra) le dará un hermoso aspecto de elegancia y de buen gusto”.

Debeu resultar tan cargante e cantoso (permítansenos as expresións) este aliñamento político, explícito e implícito, da sociedade “Vivero y su Comarca” coa facción liberal sotorreguerista que no cuarto número de Pro-Galicia a propia entidade sentiuse na obriga de facer públicos protestos de absoluta independencia e tentar xustificar toda a literatura gabatoria sobre o deputado en cuestión que se vertía, abondosa, nas súas planas. Deste xeito, acompañando unha prolixa enumeración de doazóns, xestións, concesións e prebendas dadas ao Distrito por obra do seu representante en Cortes, podemos ler no texto “Nuestra sociedad, nuestro distrito y el Sr. Soto Reguera”:

“No son los fines de nuestra Sociedad de carácter político, en el sentido de hacer labor en pro de una ó de otra tendencia de las que luchan en nuestra patria por escalar las elevadas esferas del poder gubernativo; no pretenderemos jamás en manera alguna sumarnos á grupo determinado que ello acarrearía disensiones hondas en el seno de los que nos es tan caro y á lo que hemos consagrado todas nuestras energías (…).
Mas, todo humano esfuerzo ha menester de la cooperación de todos aquellos elementos que con fe, entusiasmos y valimientos le lleven hacia la consecución de sus fines é ideales; sus directores deben tener habilidad y tacto para sumar á sus filas personas y colectividades que desinteresadamente le apoyen en sus trabajos, así como también debe procurar, patentizar, poner de relieve y premiar labores benefactoras recibidas, pues que ello es altamente moral, y beneficioso para la causa (…).
Vivero y con él nuestra querida Asociación deben interesarse, por su propio bien y por su propio progreso, por egoísmo ó por gratitud ó por ambas cosas, en sostener el cariño de un hombre de valía que ha demostrado de manera práctica, sin alharacas vanas, su cariño y afanes por los progresos morales y materiales de nuestro pueblo y esta nuestra querida Asociación”.

Moi pola contra, este relacionamento de “Vivero y su Comarca” con Soto Reguera exemplificaba perfectamente, na opinión de Villar Ponte, as bases corruptas, incívicas, caciquís e antidemocráticas sobre as que asentaba na sociedade galega o sistema político da Restauración. O deputado encarnaba así o prototipo do “benefactor político” que facía derivar recursos para o seu feudo e prebendas para os seus parceiros, a cambio da sumisión cívica á rede de caciques e da perversión do concepto de libre sufraxio.

Mais non só foi o servilismo da entidade cara ao citado político lugués e cara aos seus acólitos na bisbarra viveiresa o que causou o desagrado en Antón Villar Ponte. Tamén algunhas das propias orientacións que “Vivero y su Comarca” anima e implementa no terreo estritamente pedagóxico serán abertamente cuestionados polo noso xornalista.

Efectivamente, moitas escolas de indianos, lonxe de contribuíren á creación dunha nova cidadanía libre, consciente e identificada coa cultura e a lingua propias, tornáronse nun elemento máis na prolongación do “clientelismo” político restauracionista a nivel local e na transmisión conformista e acrítica de determinados valores e pautas de comportamento social estabelecidas. Con frecuencia, esas escolas derivaron en auténticos viveiros de novos emigrantes, en canteira de obedientes peóns no xogo caciquil e en poderosos axentes desgaleguizadores. A peza teatral Almas mortas recollerá, como veremos a seguir, moitas destas críticas e desafectos de Villar Ponte cara ás sociedades de instrucción, sen que “Vivero y su Comarca” escape nin moito menos á xeralización.

A peza Almas mortas como crítica integral ás “escolas de indianos

Como anotamos, o texto literario que recolle as críticas e desafectos do significado intelectual galeguista Antón Villar Ponte cara ao labor de “Vivero y su Comarca” (e, por estensión, doutras sociedades análogas) é a peza teatral Almas Mortas, que o autor rematou de escribir en decembro de 1920 e editou en maio de 1922 na casa ferrolá Céltiga. O xornal agrario ourensán La Zarpa falou dela, no instante de aparecer, como “la obra más intensa y mejor pensada que se haya hecho jamás en relación con los emigrantes gallegos”(21.5.1922).

O noso xornalista expón através dos diálogos e parlamentos contidos nesta obra súa unha visión abertamente crítica co papel desgaleguizador e zugador de enerxías que a emigración viña cumprindo na nosa sociedade. Neste sentido, sinala as perniciosas influenzas que, intencionadamente ou non, exercían os indianos e as súas sociedades de instrución nalgúns aspectos da vida galega de entón, comezando por unha perda da “tensión cívica” necesaria para tornar posíbeis as mudanzas que estimaba imprescindíbeis. Os galegos non protestan, emigran, resumía nun pé de viñeta Castelao, en plena sintonía co pensamento subxacente na peza de Villar Ponte.

A acción de Almas Mortas, ambientada “n'unha aldea galega” e no “tempo corrente”, transcorre en tres escenarios distintos: o cuarto dunha casa labrega restaurada (1ª Estancia), a sala-despacho dun médico (2ª Estancia) e o frontis dunha taberna (3ª Estancia). A primeira Estancia, con dezaoito escenas, serve para presentar os numerosos personaxes que interveñen na trama e para formular o seu asunto. A segunda, de oito escenas, vehiculiza através dos sucesivos parlamentos do personaxe D. Ramonciño co indiano retornado Pepe boa parte das mensaxes que o autor quixo someter á consideración dos lectores/espectadores, servindo ao mesmo tempo de nó da trama. A terceira e derradeira está composta por só seis escenas, e serve, obviamente, para dar canle a un tráxico e simbólico desenlace.

Non por casualidade, Antón elixiu o personaxe do cacique D. Eduardo para verbalizar as gabanzas que habitualmente eran dirixidas nesa época aos que, como o indiano Pepe, fomentaban a creación de sociedades de instrución: "Es usted de los que laboran por el progreso de esta pobre aldea y de los que más nos ayudan a encarrilarla hacia su mejoramiento. Si no fuese por ustedes (...) Hechos cantan. Ustedes al crear la Sociedad de Instrucción de esta comarca en Cuba para construír aquí edificios destinados a escuelas, ¿quién duda, amigo mío, que realizaron obra santa y patriótica? (...) Yo, siempre que hablo con nuestro diputado, se lo digo, porque yo soy así: Si estos buenos americanos no merecen la cruz de beneficencia, quién la merece?".

É evidente que Villar Ponte pretendeu e conseguiu con este parlamento do cacique "D. Eduardo" pór o dedo cando menos en dúas chagas derivadas da problemática da emigración: a da innegábel connivencia de moitos dos filántropos indianos e cabezaleiros das sociedades de instrución galegas cos representantes da política oficial turnista en boa parte Concellos e Distritos galegos, por unha banda; e, por outra, a das pouco filantrópicas razóns que movían unha parte dese inxente labor benefactor, na medida en que se procuraba con el recoñecementos e recompensas que nin sequera ficaban sempre en planos meramente simbólicos ou testemuñais: medallas, condecoracións, bautizo de rúas e prazas, descubrimento de lápidas conmemorativas, erección de estatuas, nomeamentos de “fillo predilecto” ou "doutor honoris causa", alcaldías, escanos no Congreso dos Deputados, etc.

O médico "D. Ramonciño" (auténtico voceiro do pensamento de Villar Ponte, neste caso) contrapón ás antecitadas palabras do cacique, gabatorias para os promotores de sociedades como “Vivero y su Comarca”, reparos e reflexións non exentas de lucidez. O feito de crearen, dotaren e financiaren estas sociedades os edificios escolares nas súas parroquias de procedencia evitaba, dalgunha maneira, que a colectividade afectada fixese a presión necesaria e suficiente sobre o Estado, instancia a quen correspondía en realidade, na visión villarpontina, estender o ensino e realizar os investimentos en infraestrutura educativa que fosen necesarios.

Esas escolas de indianos, ademais, segundo Don Ramociño, “son atraso coleitivo inda que parezan seren coltura individual; porque n'elas os escolantes, os mestres, fánlles deprender de todo ôs alunos, agás o amore â Terra i-âs cousas da Terra. Porque son coutos de desenxebrización, de despersoalización, negadoras da pedagoxía máis sinxela que manda axeitar as forzas da intelixencia par'a adaptación ô médeo. Deprenden mais xeografía e historia d'América que de Galicia os neniños que van ás escolas de vostedes; deprenden mais de mecanografía que de cultivo de terras veciñás e de cousas do traballo do país. As escolas de vostedes son escolas fomentadoras e preparadoras da emigración”.

Denuncias ou reproches semellantes a este verbalizado polo protagonista de Almas mortas foron plasmados por moitos outros intelectuais galegos da época en ensaios e artigos. Así Vicente Risco, por exemplo, no seu libro El problema político de Galicia (Madrid, 1930), sostiña: "En muchos casos las escuelas sostenidas por emigrantes son escuelas preparatorias para la emigración". Tamén Julio Sigüenza na obra Galicia Cara y Cruz (Montevideo, 1930) vía así as cousas: "Hacen falta escuelas que adviertan el engaño de América (...) No hacen falta escuelas para mandar gente a la América". Recentes estudos sobre a imprompta educativa na Galiza das “sociedades de instrución” promovidas polos nosos emigrados, como o do profesor Peña Saavedra (Éxodo, organización comunitaria e intervención escolar), non fan senón confirmar con datos empíricos estas impresións da intelectualidade nacionalista de preguerra, feitas no seu día con evidente intención denunciadora e crítica, sobre a disfuncionalidade entre a orientación pedagóxica e formativa das “escolas de indianos” e o medio social, xeográfico e lingüístico-cultural en que asentaban.

A obra, con todo, avanza

Sen que lle faltasen, como estamos vendo, discrepancias internas e detractores externos, fose no seo da ampla colonia galega emigrada, fose nas elites intelectuais galeguistas do momento, o certo é que “Vivero y su Comarca” perseverou no rumbo e no método establecidos pola súa directiva desde un principio, con Taladrid Catá á cabeza, e afrontou moi axiña o instante de comezar a recoller o froito do seu esforzo, todo o discutibelmente orientado que se queira.

Escola de San Pantaleón de Cabanas
Deste xeito, á altura de novembro de 1913 “Vivero y su comarca” tiña case rematados os edificios escolares de Cabanas e Bravos e subhastara xa a construción dos de Merille e Xerdiz. Ademais, colocara a primeira pedra da nova escola do Burgo (Muras) e facía xestións para facer outro tanto en Magazos, Boimente, Silán e Irixoa.

A realización efectiva destes primeiros edificios confirmaba, a ollos de moitos dos propios asociados e de numerosos espectadores, a solvencia da entidade e a solidez dos seus proxectos, de maneira que choveron desde entón os eloxios a Taladrid Catá en diversos medios xornalísticos galegos, nomeadamente en Vida Gallega, La Voz de Galicia e o propio Heraldo de Vivero, semanario que non deixou de arroupar o labor de “Vivero y su Comarca” e chegou a publicar en 1918 un número extraordinario que contiña, segundo informa o seu colega herculino La Voz de Galicia, “amplia información, con grabados, de los edificios escolares construidos por cuenta de la sociedad ‘Vivero y su comarca’, residente en la Habana” (5.3.1918).

O indiano de Magazos, na cúspide do éxito, derramará xenerosidade e filantropía coa propia entidade da que era presidente fundador e delegado permanente na Península. Así, segundo lemos no cuarto número de Pro-Galicia, a comezos de 1913 enviará como agasallo a Cuba, por medio do socio Jesús Carballo, un estandarte ou lábaro para a sociedade, que a amentada publicación describe nos seguintes termos:

“La rica joya es una copia exacta del histórico pendón de la villa de Vivero y está confeccionado de rica seda roja orlada de flequillo áureo, rematando en sus extremidades con dos macizos bordones de hilo de aquel rico metal.
En su centro campea el escudo heráldico de Vivero, á gran relieve y bordado en oro, seda y aplicaciones de hermosa pedrería. Orlando el conjunto el rótulo “Sociedad de Instrucción Vivero y su Comarca”, bordado también al realce y en oro (…)
Será expuesto, para que todos puedan apreciarlo, en la vidriera del comercio de nuestro consocio señor Vicente Abadín, San Rafael núm. 7.
Antes del embarque del señor Carballal ha sido también expuesto en Vivero en el comercio que nuestro estimado paisano, el señor Agrelo, tiene establecido en esa ciudad, siendo admirado y justamente celebrado por todos”.
 
En correspondencia a este tipo de agasallos, a Xunta Xeral da sociedade acordou colocar “un retrato de gran tamaño, del señor Taladrid, en el local de Secretaría” (Pro-Galicia, nº 4).

A paulatina concreción e consolidación dos proxectos postos en marcha por “Vivero y su Comarca” deu pé para que algún dos seus directivos, usando como plataforma as páxinas da revista Labor Gallega (nº 1, decembro de 1913), sacase metaforicamente peito e no traballo intitulado “Ahí está nuestra obra” fixese alusión ás críticas recibidas da seguinte maneira:

“Todavía repercuten en nuestra alma pasados agravios inferidos por quienes debieran ser los primeros en reconocer los nobles anhelos de los hijos de la comarca vivariense que, ausentes, conservando perennemente en sus patrióticas almas un inextinguible amor hacia la tierra amada, reuníanse fraternalmente en ansias del mayor engrandecimiento de su pueblo. No han hecho mella vuestras diatribas, vuestros desentonados desplantes, en nuestro ánimo (…) Seguimos laborando tranquilos y con constancia y fe y ahí tenéis nuestra obra para parangonarla con la hecha por vosotros (…) Hablen los hechos, hablen los sillares que por nuestro amor, sin mácula, hacia nuestro pueblo, se levantan diseminados por la comarca vivariense, mudas muestras de práctica elocuencia”.

La Voz de Galicia (9.1.1914) ofrece a crónica do acto de colocación da primeira pedra da esco
la de Magazos. Actuaron nesa ocasión de padriños Dolores Taladrid Catá e seu irmán Justo. O cura da parroquia, Antonio Dorado Trasancos, pronunciou un discurso e o párroco de Vieiro, Leoncio López de las Casas (autor da coñecida canción que se convertería andado o tempo en himno oficioso de San Cibrao), leu unha oda á que pertencen estas estrofas finais:

Despertemos del sueño del atraso
y caminemos, con seguro paso,
al concierto de pueblos instruidos;
que así, muy brevemente,
lograremos borrar de nuestra frente
la infamante señal de los vencidos.

¡Alentemos, con nuestra confianza
a ese núcleo valiente
de amigos, que no pierden la esperanza,
trabajando con fe, constantemente;
y tengamos presente
que un hombre ignaro, rudo, analfabeto,
renuncia a su ventura por completo!...

O mesmo xornal trompetea algún tempo despois novos logros de “Vivero y su Comarca”, entidade que comezando o ano 1916 “doce edificios para escuelas tiene en construcción, tres de los cuales se hayan ya terminados, en Magazos, Merille y Bravos. En cada una de estas tres parroquias, en vasto local, sitio céntrico, bien ventilado, con servicios sanitarios e higiénicos y un material fijo y móvil que mereció los plácemes del señor inspector de Primera enseñanza, se han creado dos escuelas dotadas de maestro y maestra, cuyas Reales órdenes fueron recientemente obtenidas por nuestro activo diputado D. José Soto Reguera”.

Unha condecoración de mans do rei

A comezos de 1919, o presidente á sazón da entidade, Francisco Gómez, cedeulle o posto de máxima relevancia de “Vivero y su Comarca” a Antonio Rodríguez Vázquez, quen ostentaba, dito sexa como dato sociolóxico relevante, unha das fortunas máis considerábeis da Cuba de entón, pois era propietario de dous ingenios azucreiros e de numerosos cines, teatros e locais na capital caribeña. A ceremonia de traspaso de poderes, celebrada no transcurso dun banquete en La Polar, serviu asemade para realizar unha colecta en beneficio da entidade, que encabezaron ambos presidentes, cesante e entrante, coa nada desprezíbel cantidade de 600 pesos cubanos.

Mentres tanto, na Península, Taladrid Catá e Soto Reguera continuaban as súas xestións como delegado da sociedade e protector político, respectivamente, colleitando periodicamente novas gabanzas en letra de molde.

Así, no Eco de Galicia (nº 94, 27.4.1919), o anónimo redactor do artigo “La obra de ‘Vivero y su Comarca’. Hablan los hechos” rebatía as acusacións de caciquismo que se vertían contra o deputado albista e defendía a capa e espada o seu labor: “¿Dirán los vecinos de Cillero, Cervo y Jove, de Magazos, Merille y Muras, de Germade y Orol que la política que practica el Sr. Soto Reguera es odiosa y estéril? ¿Dirán Valcarría y Boimente, Chavín y Landrove, Vieiro, Escourido y Faro y Aurá que las organizaciones políticas que representa el señor Soto Reguera y los hombres que al frente de ellas ha puesto (caciques en la terminología política) son una plaga, un oprobio?”. 

Do mesmo xeito, perante os ataques a Taladrid Catá opuña “como aplastante respuesta su labor enorme, su constancia increíble, su batallar inenarrable, libre de huecas arengas y de pomposos artículos literarios”, de xeito que “desde que se creó ‘Vivero y su Comarca’ sólo tuvo una frase, acción; un postulado, practicismo; una resultante abrumadora, realidad. ¡La realidad de una idea! He aquí la consagración de las actividades de este hombre que no declama, que no emborrona papel para emular a Jeremías, pero que callada y tozudamente, prosigue su obra redentora”.

Será durante o mandato do antes citado presidente Antonio Rodríguez cando teña lugar a concesión á entidade da Cruz de 1ª Clase da Orde Civil de Beneficencia, con distintivo branco, por parte de Alfonso XIII, “por sus relevantes servicios en pro de la cultura particular del Distrito de Vivero y general de España”.

Non pode ocultarse o moito que as xestións e as influenzas de Soto Reguera nos corredores ministeriais e pacegos teñen a ver con esta distinción nin debemos obviar tampouco a acollida crítica que semellante concesión suscitou en figuras e segmentos significados da colonia galega emigrada en Cuba. Así, J. Cuba Restrebada redixiu e publicou o artigo “O milagro é grande” no quincenario Heraldo de Galicia (9.8.1919) e aí, sen deixar de felicitar a “Vivero y su Comarca” polo recoñecemento obtido, dáballe algunhas voltas ao proceso. Na súa opinión, tería que ter sido o Estado quen debía ter feitas as escolas impulsadas polas sociedades galegas de instrución,

“e entonces aforraban molestarse dando medallas e ó mesmo tempo quedaríanlles ós emigrados os cartos no peto (…) ¿A quen debemos os males d’emigración? ¿a quen a falta das escolas na terra nosa? ¿a quen a falta dos ferrocarrís e da industria…? Ó goberno que está esperando pol-os emigrados pra que eles paguen esas obras, e despois delle unha medalla, com’a Sociedade “Viveiro e sua Comarca”, d’esas qu’un amigo meu me dixo que se venden a tres cadelas nunha casa qu’eu sei”.


Encarando a nova década.

Recollida a distinción outorgada polo monarca a que acabamos de nos referir, a sociedade de instrución fundada polos viveireses en Cuba encarou a nova década intentando dar novo pulo á súa tarefa. O número 24 de Vivero en Cuba, que aparece en xaneiro de 1921, dedicou abondoso espazo á celebración do décimo aniversario da entidade. No ano previo de 1920, a directiva aprobou o envío dunha circular aos socios en particular e a todos os habitantes do distrito viveirés en xeral explicando as xestións e logros conseguidos ata a data, expoñendo as dificultades e contratempos surxidos nesa altura e excitando os seus ánimos de cara a unha nova colecta que permitise capitalizar algúns proxectos en marcha, para así poder concluílos:

“(…) Un día, ya lejano con el corazón rebosante de esperanzas e ilusiones, adoptamos el temerario acuerdo de fabricar once edificios escolares a la vez, celebrando al efecto un sorteo entre las 49 parroquias (…) Colocada la primera piedra en todas ellas, sobre la base de un presupuesto aproximado de mil pesos para los edificios de dos aulas y 800 pesos, también aproximado, para los de una sola, la obra les pareció hacedera y de fácil realización con solo el producto de las cuotas sociales a los que entonces dirigían la Sociedad; pero como sucede siempre cuando en la ejecución de obras lentas no se cuenta con el factor tiempo y con las circunstancias más o menos anormales que pueden sobrevenir, esos presupuestos se cuadruplicaron por el progresivo aumento en el costo de los materiales y de la mano de obra y el patriótico empeño de la Sociedad vino á ser algo así como una quimera (…) Y como el cejar en el empeño, a medio edificar los edificios, equivaldría a perder la respetable cantidad invertida en los mismos y a tener que lamentar el fracaso de una obra magna que una vez realizada ha de llenarnos a todos de un patriótico y legítimo orgullo (…) hubo necesidad de apelar a la suscripción voluntaria, con el producto de la cual, más las cuotas de diez y ocho meses y el beneficio del cambio, se giraron $6.913.18, quedando terminadas, de las 8 que faltaban, las casas-escuelas de Burgo, San Pantaleón, Gerdiz y Silán, y pendientes, por la suma de 3.300 pesos las de Riobarba, Irijoa, Valcarría y Boimente. 
A buscar esta cantidad, en todo o en parte, tiende la suscripción iniciada y encabezada por 460 pesos por los señores asistentes a la junta general celebrada el 29 del corriente (…)”.

Mais non todos os problemas residían, nin moito menos, en poder capitalizar a construción dos edificios escolares ou en dotar debidamente de pupitres, encerados e mapas despregábeis as súas aulas. Tamén estaba a cuestión da dotación humana, quere dicir, dos/as mestres/as. “Vivero y su Comarca” non podía polos seus medios afrontar o pagamento de salarios de todo o plantel docente con titulación que era necesario mobilizar para que todas as escolas que promovía ou arranxaba estivesen correctamente atendidas, de maneira que moito do seu labor “diplomático”, se vale a expresión, dirixiuse a conseguir do Estado, tan indolente en tantos aspectos, que conveniase con ela a achega de mestres nacionais para cubrir eses postos e que asumise orzamentariamente o pagamento dos seus soldos. De feito, segundo a versión que ofrece a revista de Jaime Solá Vida Gallega, indesimuladamente encomiástica, Taladrid Catá

“(…) vino á España á conseguir que el Estado diese carácter oficial á las Escuelas que había levantado ‘Vivero y su Comarca’ y les nombrase maestros nacionales. Sostuvo para lograrlo una lucha titánica. Dejó muchas veces su palacete de Magazos, se trasladó a Madrid, hizo antesala en los Ministerios, asedió a los personajes, les esperó, cuando se negaban, en las escaleras secretas de sus despachos y así, procediendo heroicamente, se salió con la suya. Hoy la comarca de Vivero está sembrada de preciosos edificios escolares en los cuales el Estado, vencido por la tenacidad del Sr. Taladrid, costea la enseñanza”.

 
En realidade, unha vez posta en marcha, a sociedade de instrución viveiresa tivo que afrontar un difícil e continuo dilema, que podemos sintetizar do seguinte xeito: ¿era preferíbel, para os seus fins, conservar a todo custe a propiedade dos edificios que se ían levantando pola súa iniciativa, mesmo que iso significase mantelos fechados por falta de mestres, ou conviña máis, chegado o intre, facerlle cesión ou doazón deses edificios escolares ao Estado a cambio do compromiso por parte deste de dotar convenientemente de persoal docente tales centros, para que funcionasen?.

Xa se ve como a liña de Taladrid Catá foi claramente a de presionar nos despachos ministeriais para conseguir medios humanos do Estado, sen ceder a propiedade dos edificios, mais finalmente as circunstancias foron abríndolle paso, pouco a pouco, á outra alternativa. En palabras de Otero Cao, era clara en teoría a “conveniencia de no entregar las escuelas, el producto de incomparables sacrificios, al gobierno central, por lo abandonado que siempre ha sido para la enseñanza primaria”, mais finalmente, na práctica, “'Vivero y su comarca' tendrá que hacerlo con el dolor de su alma, por serle imposible el sostenerlas”.

O impacto das sucesivas crises económicas que vive a Illa nos anos 20 (provocadas, basicamente, pola caída dos prezos do azucre) decantou pouco a pouco o dilema antes indicado, pois foron minguando os recursos que a masa asociada de “Vivero y su Comarca” podía achegar para o labor construtor nas parroquias de orixe e foron medrando, paralelamente, as necesidades que atender na propia Cuba. A nosa sociedade, inicialmente só “de instrución”, creou por iso no seu seo unha sección de beneficencia en 1923. No transcurso dunha festa dos viveireses na Habana, o notario Marino López Blanco pronuncia un discurso e pondera nel, segundo a crónica que nos ofrece o Heraldo de Galicia habaneiro, que

“merced a la constancia férrea de los actuales miembros dirigentes han logrado revivir aun más el prístino espíritu de altruismo - acaso no igualado por nadie - de los ilustres fundadores de ‘Vivero y su Comarca’, ampliando su vastísimo programa de hacer el bien, incluyendo en el actual Reglamento de la Sociedad, como uno de sus fines más preciados, el de la beneficencia. Ahora ya se agrupan los hijos de Vivero no tan solo para enviar el pan espiritual de la enseñanza a los niños de su tierra; ahora amplían el círculo de su generosidad y tienden mano solícita y protectora al conterráneo en desgracia. Y cuando la miseria lo abate y la enfermedad lo depaupera, cierta parte de los fondos sociales de Vivero y su Comarca acuden en su auxilio”.

A título anecdótico, debe saberse que nese mesmo ano de 1923 o vice-presidente Manuel Pernas regaloulle á entidade un novo estandarte, ao que se lle engadiu a posteriori o símbolo da cruz por desexo e co financiamento do ex-presidente Jesús Fernández. O sacerdote de orixe viveiresa José María Yáñez, na altura párroco en Santiago de las Vegas, foi o encargado de abenzoar o novo distintivo no trancurso da ceremonia que tivo lugar nos xardíns de La Polar no mes de xuño do citado ano.

Tempo de ditadura

A instauración da ditadura do xeneral Primo de Rivera, en setembro de 1923, tivo repercusións de variada índole, ás veces mesmo contraditorias, sobre o traballo de “Vivero y su Comarca”. Por unha banda, no seu intento de aparecer como réxime rexenerador do corrupto sistema político que caracterizara a etapa precedente da Restauración, a ditadura recén implantada supuxo a perda provisoria de influenza no entramado oficial dalgunhas conspicuas personalidades dos agora deostados partidos liberal e conservador, entre as que figurou, loxicamente, o sempiterno deputado polo distrito viveirés e perenne valedor da nosa entidade nos corredores ministeriais José Soto Reguera. Ben é verdade que moi axiña este persoeiro se adaptaría aos xeitos e mecanismos do novo statu quo e pasaría a ocupar novamente postos institucionais de responsabilidade, como teremos ocasión de lembrar.

Por contra, outro dos persoeiros decisivos na historia de “Vivero y su Comarca”, Taladrid Catá, foi chamado polas novas autoridades para ocupar un escano na deputación provincial luguesa, dando deste xeito o salto á política sen ambaxes. Desde a súa nova atalaia privilexiada, por máis que carecese de todo aval democrático, o noso indiano elevou propostas, informes e memorándums diversos sobre cuestións educativas á Asemblea Nacional Consultiva, o órgano pseudorrepresentativo con que o ditador Primo de Rivera pretendeu substituír, a partir de certa altura, o disolto Congreso dos Deputados. En nome de “Vivero y su Comarca”, por exemplo, segundo informa de pasada Luís Bello nos seus artigos en El Sol (sobre os que logo volveremos), Taladrid propuxo nun deses documentos da súa autoría eliminar as clases nocturnas (pois os seus alumnos, de noite polos camiños, “no aprenden sino desvergüenzas”, segundo as súas propias palabras), facer que nas escolas mixtas só puidesen impartir clase as mestras (por estimar inconveniente que as alumnas puidesen estar a cargo de mestres homes, enténdese…), nomear entre os comités parroquiais das sociedades de instrución “auxiliares gratuitos da Inspección educativa”, etc. Propostas, pois, de evidente pendor reaccionario e que intentaban consagrar de iure o intervencionismo que de facto elementos como el propio viñan practicando no mundo educativo na bisbarra de Viveiro desde había case dúas décadas.

Así pois, podemos dicir que nos primeiros compases da Ditadura o que a entidade “Vivero y su Comarca” perdía en influenza por un lado (Soto Reguera), gañábao polo outro (Taladrid Catá) dentro do tinglado oficial do novo réxime…

Por outra banda, envolvéndose nun discurso claramente rexeneracionista co lema de “despensa e escola” como bandeira de actuación e coidando encarnar na súa persoa o “cirurxián de ferro” demandado noutrora polo pensador Joaquín Costa, o xeneral Primo de Rivera outorgou moita relevancia ao labor do Ministerio de Instrucción Pública, de xeito que ao longo do período 1923-1927 rexistrouse un significativo incremento no número de escolas primarias construídas a conta dos orzamentos estatais. Algúns investigadores sinalan que só neses cinco anos se erixiron tantos edificios de uso escolar en España como nos vintecinco anos precedentes… Semellante política de asumpción de responsabilidades no tema das infraestruturas por parte do citado Ministerio deixaba en boa medida sen función e, sobre todo, sen futuro, o meritorio labor que viñeran desenvolvendo as sociedades de instrución como “Vivero y su Comarca”…

Se a isto sumamos as propias condicións económicas e sociais, cada vez máis difíciles, que rodeaban a colonia galega emigrada en Cuba ao longo desta década, coa guinda dos devastadores efectos inmediatos do chamado crack de Wall Street (1929), poderemos comprender que a capacidade financeira e promotora de todas as sociedades galegas de instrución, “Vivero y su Comarca” incluída, experimentase un forte retroceso.

Cabe concluír, xa que logo, que vai ser neste preciso momento histórico cando se produza o “canto de ciño” das sociedades instrutivas da emigración galega como grandes actores das transformacións do panorama educativo. A partir de entón, a súa capacidade, a súa iniciativa e o seu contributo será cada vez menos relevante, de maneira que moitas delas entrarán mesmo en fase de disolución.

O balanzo, porén, ficaba ben á vista para quen o quixese ver. “Vivero y su Comarca” podía exhibir, á altura de 1926, nada menos que 11 edificios de nova planta, 1 adaptado e 45 escolas primarias financiadas con máis de 50.000 pesos cubanos, segundo se recollía no informe do inspector Benito Castrillo Sagredo citado por Peña Saavedra no seu magnífico estudo sobre a imprompta educativa da emigración galega transoceánica (Éxodo, organización comunitaria e intervención escolar, 1991). Un reconto algo posterior, ofrecido nas páxinas do diario La Voz de Galicia (18.12.1927) polo socio e ex-directivo da nosa entidade Generoso Puentes, incrementaba o contributo efectivo da sociedade a un total de 11 edificios novos, 4 adaptacións de edificios pre-existentes (as escolas de Vieiro, San Isidoro do Monte, Xestosa e Chavín) e 46 escolas dotadas e financiadas.

O escritor galego Neira Vilas, tantos anos residente en Cuba, foi quen chamou por vez primeira a atención sobre un dato ben revelador dos efectos positivos que toda esta acción filantrópica, dotacional e construtora de “Vivero y su Comarca” exerceu sobre a poboación máis nova do distrito: no reemprazo de quintas correspondente ao ano 1927 non se rexistrou nin un só mozo analfabeto procedente das parroquias da Terra de Viveiro…

Aínda manexando fontes moi limitadas e incompletas, coidamos poder afirmar que o grande repto que se marcou “Vivero y su Comarca” a partir de 1926, a xeito de culminación de todo o seu labor no distrito, foi o de poder axudar a dotar á propia vila do Landrove dun Grupo Escolar de nova construción, que permitise prescindir dunha vez por todas dos locais do antigo convento franciscano. De feito, o mestre titular desta escola, José Mª Pereda, dirixiu en 1926 un rogo en tal sentido á revista Vivero en Cuba e dous anos despois o propio presidente da sociedade, López Menéndez, visitou Viveiro para promover en persoa a constitución dunha delegación da sociedade na vila que laborase co obxectivo de conseguir grupos escolares para a vila e para as parroquias de Celeiro, Covas e Landrove.

Do que aconteceu a seguir tomamos información ofrecida polo xornal coruñés republicano El Noroeste tempo despois, en 1933, nun artigo moi crítico, cómpre advertilo, coa figura de Taladrid Catá. Unha vez que o presidente da directiva da sociedade, López Menéndez, abandonou a localidade e regresou a Cuba, dísenos no citado xornal, “vino enseguida Taladrid y se dedicó a hacer una propaganda, pero ajena a la consecución de estos grupos, fue en otro sentido muy distinto, por eso ha alicaído el entusiasmo de los simpatizantes de esta Delegación”.

Os eloxios de Luís Bello no diario El Sol

Aínda que nunca faltaron, como vimos, medios de comunicación e publicistas que glosasen en toda época as excelencias e méritos das iniciativas de “Vivero y su Comarca”, non pode deixar de anotarse a importante repercusión que sobre a imaxe positiva da entidade tiveron (nun momento en que o seu devalo semella imparábel e no que, de ser certa a nosa impresión, existen serios desaxustes ou discordancias entre o presidente efectivo e o presidente fundador por mor do asunto do Grupo Escolar de Viveiro) os artigos que lle consagrou o xornalista Luís Bello Trompeta nas planas do prestixioso diario madrileño El Sol a finais de 1929.

Foron eses artigos, en total, seis e apareceron no diario de Urgoiti, baixo o rótulo común de “Visita de Escuelas”, cos seguintes títulos: “Vivero, la villa. O sea: Vivero sin americanos” (13.11.1929); “Vivero, la villa. Entre pasado y porvenir’” (19.11); “Vivero y su Comarca, o Vivero con los americanos” (27.11); “Vivero, con los americanos. Elogios y reservas” (29.11); “Entre Vivero y Vieiro. Una escuela, un jardín, una biblioteca” (3.12) e, por último, “Vivero, campo y mariña. Por el Landrove, hasta Orol” (7.12.1929).

O das escolas promovidas por “Vivero y su Comarca” parecíalle a Bello un fenómeno que “honra a Galicia” e que expresaba a feliz conxunción de “iniciativa individual” e “concurso voluntario y generoso del pueblo”, en contraste con determinadas circunstancias que falaban ás claras da indolencia do Estado nese eido. O enclave da escola pública da vila, rexentada polos mestres José María Pereda e Antonio Alonso Mateo nos baixos do claustro de San Francisco, xusto a carón do cárcere, suscitaba por exemplo o total desagrado do noso articulista, ao contrario do que a escola de Vieiro e a Biblioteca Popular Circulante posta en marcha en outubro de 1929 polo seu mestre, o aragonés Felipe Carnicer, dignas de todo o seu eloxio. No terceiro artigo da súa serie, Bello escribe: “(…) me complazco en elogiar esta obra sencilla, modesta y perseverante de los hijos de Vivero, que acordándose de su niñez y sabiendo, acaso por experiencia (…) que a veces llega la fortuna cuando ya es tarde para comenzar la instrucción, unen sus fuerzas, y entre todos van construyendo, año tras año, las escuelas de su comarca (…) Sin embargo, no son ricos la mayoría de los socios de Vivero y su Comarca en Cuba. Habrá industriales y comerciantes establecidos, pero entre seiscientos o setecientos, muchos han de ser dependientes, y algunos habrá que empiezan a luchar. Es muy interesante ver cómo han ido realizando su obra, que alcanza ya a veinticinco escuelas construidas con vivienda para los maestros casi todas y a otras tantas dotadas o reparadas. No se ha hecho por grandes donativos, sino con los fondos sociales, poco a poco, en cerca de veinte años, esfuerzo que bien podría realizarse aquí si hubiera voluntad”.

Mais a carón destes eloxios, Bello sinala algunha reservas que cómpre traer a colación. A máis importante é que as sociedades de instrución como “Vivero y su Comarca” acababan desexando exercer, en demasiadas ocasións, tutelas que non lles correspondían sobre o labor pedagóxico dos mestres nacionais que atendían os establecementos escolares por aquelas erixidos, financiados ou dotados. En palabras do articulista, que coidaba preciso evitar ese tipo de inxerencias, “por natural interés y con la sana intención de seguir cooperando a una buena obra social, los fundadores entran en lo que ya es privativo de la enseñanza y, sobre todo, en el trabajo del maestro”. Fronte á opinión expresada por Taladrid Catá, no sentido de que “de autoridades hacemos nosotros cuando dirigimos y ejecutamos obras, desinteresadamente, en pro de la enseñanza nacional”, Bello defende a súa posición, que resulta “contraria a toda tutela que no sea la del Estado”.

Tras aproximadamente vinte anos de traxectoria, “Vivero y su Comarca” levaba investidas máis de medio millón das antigas pesetas en edificios de nova planta (434.990 ptas.), en materiais e mobiliario de aulas (90.000 ptas.) e en doazóns para axudar a habilitar, reparar ou construír edificios escolares de propiedade municipal (12.660 ptas.). Os edificios construídos a exclusivas expensas da sociedade, todos co correspondente patio e a maioría con espazo para a biblioteca, eran en 1930 estes que relaciona Bello nun dos seus artigos:

  • Grupo escolar de Fornos, parroquia de Bravos, con dúas escolas (unitaria) e locais anexos para vivenda dos mestres, auga corrente e instalación sanitaria: 51.711’25 pesetas.
  • Grupo escolar de Borra, parroquia de San Pantaleón, con dúas escolas (unitaria), auga corrente e instalación sanitaria: 32.760’35 pesetas.
  • Grupo escolar de Outeiro, parroquia de Merille, con dúas escolas (unitaria) e auga corrente: 17.712’80 pesetas.
  • Grupo escolar de Vilar, parroquia de Riobarba, con dúas escolas (unitaria) e instalación sanitaria: 31.621’75 pesetas.
  • Escola mixta de Aurá, parroquia de Valcarría, con local anexo para vivenda do mestre, auga corrente e instalación sanitaria: 31.586’75 pesetas.
  • Escola mixta de Carelle, parroquia do Burgo (Muras), con vivenda do mestre e instalación sanitaria: 21.819 pesetas.
  • Grupo escolar de Belsar, parroquia de Xerdiz, con dúas escolas (unitaria), auga corrente e instalación sanitaria: 27.300 pesetas.
  • Escola mixta de Silán, parroquia homónima, con auga corrente e instalación sanitaria: 24.766 pesetas.
  • Grupo escolar de Ruanova, parroquia de Magazos, con dúas escolas (unitaria), auga corrente e instalación sanitaria: 30.666 pesetas.
  • Escola mixta de Irixoa, da parroquia homónima, con instalación sanitaria: 22.776’15 pesetas.
  • Escola mixta de Boimente, con instalación sanitaria: 23.237’40 pesetas.
  • Escola mixta de Ambosores, con vivenda anexa do mestre, auga corrente e instalación sanitaria: 28.500 pesetas.
  • Escola mixta de Chavín, parroquia de Cabanas, aínda en construción á altura de 1930, con local anexo para vivenda do mestre e auga corrente: 25.433’30 pesetas.
  • Escola mixta de Troia, parroquia de Cabanas, con vivenda do mestre, auga corrente e instalación sanitaria: 21.700 pesetas.
  • Escola mixta de Ribeira de Baaamonde, parroquia do Burgo (Muras), aínda en construción en 1930, con vivenda do mestre, auga corrente e instalación sanitaria: 21.700 pesetas.
  • Escola mixta de Xuanceda, parroquia de Ourol, tamén en construción aínda, con vivenda do mestre, auga corrente e instalación sanitaria: 21.700 pesetas.
Escola de Boimente (Viveiro)

Soto Reguera e Taladrid no ollo do furacán democratizador

A renuncia de Primo de Rivera ao poder, a comezos de 1930, abriu un período confuso e inestábel, coñecido habitualmente co expresivo nome de Dictablanda, no que foron sentándose, en definitiva, as bases do que había de converterse na esperanzada e un tanto sorpresiva aurora republicana de abril de 1931.

Mentres en Cuba a sociedade “Vivero y su Comarca” impulsou desde 1929 o funcionamento no seu seo dun Comité de Damas, presidido pola señorita María Ladra (filla de Ramona Fernández e de José Ladra, vocal á sazón da xunta directiva), Taladrid Catá regresou a comezos de 1930 por breve tempo á Illa. Segundo informa a revista viguesa Vida gallega (20.1.1930), o fundador da sociedade fixo en tal ocasión entrega á directiva societaria da impresionante cifra de 100.000 pesetas. Semellante doazón motivou, de inmediato, unha campaña de “Vivero y su Comarca” (na altura presidida por José López Menéndez) e da súa revista Vivero en Cuba (dirixida por F. Almoina), para conseguirlle a Taladrid Catá o título de fillo predilecto de todos e cada un dos concellos que conformaban o distrito de Viveiro. En Xove aprobarase unha moción en tal sentido no trancurso da sesión plenaria celebrada o 3 de maio de 1930. Pouco despois, o entón alcalde viveirés, José Santiago Seijo, prometerá nunha carta ao director da citada revista levar a proposta a un vindeiro pleno municipal…

Diríase, pois, que, a despeito da inestabilidade política e das tensións sociais do momento, chegara para o pro-home Taladrid e para a súa obra o instante da rendición de homenaxes… Mais o que aconteceu, ben ao contrario, foi que o seu aberto e explícito compromiso nos anos precedentes co réxime ditatorial agora en descomposición o colocaron na diana de todos os sectores que dentro e fóra da sociedade viveiresa reclamaban con cada vez maior intensidade a instauración dun réxime democrático en forma republicana. E outro tanto acontecerá co grande benefactor político da sociedade “Vivero y su Comarca”, Soto Reguera. Ambos serán, se así pode dicirse, os máximos expoñentes da maneira de facer política e de gobernar os asuntos públicos que precisamente nesa coxuntura un número cada vez maior de cidadáns abomina e quere superar.

E de aí o que acontece durante o verán de 1930 na nosa vila, que non é senón unha campaña cívico-política de enorme intensidade e relativo éxito contra a pretensión de José Soto Reguera (apoiado, como non, por Taladrid Catá) de ser candidato polo distrito viveirés nas eleccións que o xeneral Berenguer presuntamente ía convocar en breve... Despois de ter acaparado como liberal-dinástico a ostentación do escano polo distrito durante máis dunha década, Soto “reconverteuse” axiña tralo 13 de setembro de 1923, emprestou total adhesión ao réxime saído do golpe de Primo de Rivera e acabou militando no partido único da ditadura, a chamada Unión Patriótica. En recompensa a estas novas fidelidades e servizos emprestados, foi elevado manu militari á presidencia do Ateneo madrileño polo propio ditador cando desde esta prestixiosa institución cultural máis críticas arreciaban contra o Directorio.

O antigo delegado coruñés de “Vivero y su Comarca”, Antón Villar Ponte, será unha das figuras que alentará esta campaña contra Soto Reguera desde as planas do diario vigués El Pueblo Gallego co artigo “Desde Vivero. Ética civil y ética caciquil" (7.8.1930):

Por eso si Soto Reguera fuese un cunerillo del montón, al igual que lo fué hasta el advenimiento de la Dictadura, afanoso de buscar en la llamada política de grifo y vaso lo que su falta de talento le impedía conseguir en otras lizas, yo me olvidaría hasta del nombre que tiene, considerándolo uno de tantos actorzuelos de la farsa electorera española. Pero ahora ostenta un descrédito funesto que lo hace tristemente célebre como ex-asistente arribista de un tirano de botas marciales, a cuyo servicio se puso, cuadrado de espaldas a todo sentido civil y a toda consecuencia ideológica, para apagar el fuego vestálico de la libre cultura ateneística nacional con el hielo opaco de su ambición. Y ahora, tanto o más que por Vivero, por Galicia, yo que me precio de ser Gallego con g mayúscula, tengo que dejar oír mi voz honrada en pleito tan pestífero, a sabiendas de que no estoy solo y de que me acompañan todos los intelectuales hispánicos en este mi noble gesto pro dignidad regional”.

Ningún dos pretensos méritos alegados polos admiradores de Soto (concesión de diversas obras públicas para o distrito, dotación de mestres para as escolas de "Vivero y su Comarca", etc.) lle parecían ao noso xornalista suficientes en número e entidade como para compensar as máculas cívicas do interfecto, máxime se se tiña en conta que

(...) si Soto los ha procurado no fué tanto por cumplir un deber de buen ciudadano, como por asegurar con el mínimo esfuerzo personal el distrito para sus conveniencias políticas, como lo prueba el hecho de que, cuando tuvo verdadero ascendiente en un Gobierno (que fué el de la Dictadura) creyendo lejana la preocupación del acta de diputado, no se acordó de Vivero ni poco ni mucho, pese a que entonces llovían los frutos del favoritismo sobre sin fin de pueblos con la más alegre de las facilidades, resultando así el distrito de que ahora quieren hacerlo hijo adoptivo uno de los únicos que se vió en el supremo desamparo”.

Aínda noutro artigo posterior ao citado volvería o autor de Almas mortas referirse a Soto Reguera como “personajillo audaz y desaprensivo” e como “individuo de lamentable historia que traicionó a Alba para pescar truchas a bragas enjutas en los Saltos del Alberche y en otros saltos de aguas más revueltas, prestándose a ser instrumento servil de la dictadura desde la presidencia del Ateneo de Madrid contra lo mejor de la intelectualidad española” (El Pueblo Gallego, 9.9.1930).

Esta campaña foi secundada por moitos outros xornalistas e intelectuais galegos: Lesta Meis, o redactor do xornal A Nosa Terra Vítor Casas, os promotores do semanario lugués republicano ¡Ahora!... Tamén se sumaría o tipógrafo e destacado sindicalista viveirés García Atadell, quen no artigo "Hablando a mis paisanos. Hay que evitarlo", que apareceu en El Socialista, indicaba: “(…) tengo la seguridad de que los trabajadores organizados vivarienses no homenajearán al triste cunero ex-diputado. Y esto indica que sólo los intelectuales (salvando excepciones) y los capitalistas harán grata la estancia en el vergel del Landro al más ingrato de los diputados que Vivero tuvo la desgracia de soportar (…) Mientras tanto, fuertemente unidos, evitaremos a Vivero, nuestra ciudad natal, el sonrojo de verse representado en Cortes por el más vil de los viles, José Soto Reguera”.

Cando finalmente o ex-deputado visitou Viveiro no transcurso das festas patronais de agosto de 1930, a cidadanía progresista da localidade agasallouno con diversas mostras públicas de rexeitamento. Ramón Villar Ponte, p. ex., asinou unha folla voandeira intitulada “A todos los ciudadanos del distrito vivariense”, que foi profusamente repartida. Nela defendía a total incompatibilidade de Viveiro con Soto Reguera (“nefasto antes, en y después de la Dictadura”); facía historia crítica da súa traxectoria mencionando as súas principais "faltas" cívicas: Presidencia do Ateneo, Saltos do Alberche, abandono e desatención do Distrito viveirés, etc.; desvelaba o apoio que emprestaba ao seu cacicato a sociedade “Vivero y su comarca”; e, finalmente, aludía á súa figura de maneira burlesca como "audaz mofletudo de la sonrisa de pepona". Antón Villar Ponte, pola súa banda, redixiu baixo o pseudónimo de “Podrén del Río” unha parodia do poema "Marcha Triunfal" de Rubén Darío, intitulándoa "La Marcha Asnal". A humorada, que circulou tamén profusamente en folla solta sen pé de imprenta, dicía así:

"¡Ya viene el cortejo!
Ya viene el cortejo! Ya se oyen los burdos chinchines.
La farsa se anuncia con traza de antruejo,
ya viene, horro y serio, el cortejo de los adoquines.
Ya pasa debajo los arcos de verde que añoran algunos primates,
los arcos rurales en donde las flamas tremolan sus largas lengüetas,
la recua solemne de los botarates
guiada por vivos caciques maestros de tretas.
Se escucha el ruido que forman los autos de los viajeros,
los frenos que tascan los viles villanos de a perra,
las patas que hieren la tierra,
y los majaderos
que el paso acompasan con ritmos asnales.
¡Tal pasan los que alzan cuneros
debajo los arcos rurales!
Los burdos chinchines de pronto levantan sus sones,
su canto inodoro,
su áspero coro,
que envuelve en cien muecas de loro
la torpe codicia de los cacicones.
El dice la zafia, la absurda esperanza,
los hórridos fines, los rudos regüeldos de boca y de panza,
la farsa que sueñan caciques ruines
de a perra
que son adoquines,
babosas que arrastran su hiel por la tierra.
Los burdos sonidos
anuncian el advenimiento
del vivo de historia;
dejando el picacho que guarda sus nidos,
tendiendo sus alas tan negras al viento
los cuervos exclaman: "Pepón, vete a Coria".
Ya pasa el cortejo.
Señala un anciano los pillos a un cojo
- ver como la cara del viejo
repleta de ira se tiñe de rojo! –
Las lenguas comadres, a vueltas, se tornan rumores,
y hatos de imbéciles dánse a la fisga curiosa;
y una babosa
sonríe al vil siervo de los dictadores.
¡Horror al que trajo consigo la trupe fullera!
¡horror al vendido y horror a los fieles
que bien le ayudaron a hacer la carrera!
¡Chinchines! ¡Peleles!
Las viejas comadres de ojos astrosos
desde sus ventanas recuerdan la historia de Mamed de Grañas
- las viejas comadres modernos y fieles esquejes de Maricastañas,
que entran a saco en los nombres y famas con furia de osos -.
Bocinas de autos resuenan;
de peste los aires se llenan...
- A aquellas antiguas farsadas,
a aquellos malditos cuneros
que encarnan hazañas pasadas
¡Y al sol que hoy alumbra las nuevas vergüenzas llegadas,
y al vivo que guía su recua de imbéciles hueros;
al que lleva las manchas de rancho en el terno;
al que ha secundado la ley cuartelera del muerto tirano,
las machadas de Severiano,
los chivos del Duque su amigo fraterno,
saltando al Alberche,
(¡Oh, pobre Ateneo que ha visto su gesto inmoral)!
saludan con grandes orneos burrescos los cerriles cofrades de la banda asnal".

En numerosas rúas e prazas da vila do Landrove apareceron entón pintadas de contido crítico alusivas a Soto Reguera. Relata nas súas memorias Lois Tobío, un dos galeguistas que participaron nesas manifestacións: “Pero cando se anunciou a visita, Ramón Villar Ponte, que era moi femente para estas cousas, axuntou a un fato de amigos, eu entre eles, para facerlle unha demostración de protesta cando chegara; e ao que Soto Reguera viña no seu impresionante auto negro, na entrada da vila, atopouse cunha recepción que non esperaba e cuns grafitti no chan, diante do Asilo, nos que se vía una enorme bulsa de diñeiro co letreiro Alberche e unha frecha indicando que aquel diñeiro debía ir para os pobres”.

A caravana de vehículos en que Soto Reguera arribou á vila foi recibida, efectivamente, cunha estrepitosa protesta de apupos, asubíos e berros organizada, segundo informaba entón El Pueblo Gallego (20.8.1930), por “grupos de obreros y estudiantes”. Como consecuencia, as propias forzas vivas da localidade mariñá, afectas até había ben pouco á Ditadura, deberon intuír finalmente que non era a de Soto Reguera a carta pola que lles conviña apostar nesa conxuntura, pois pouco despois destes incidentes facían público mediante manifesto o seu apoio diante dunha hipotética convocatoria de comicios ao candidato Ramón Cortiñas Riego, natural da localidade (era fillo do filántropo Melitón Cortiñas), rexistrador da propiedade de profesión e, nesa altura, gobernador civil da provincia de Burgos.

O rexeitado Soto Reguera, que acollería no seu chalé da Misericordia, a finais dese mesmo verán de 1930, a algúns dos máis destacados propagandistas e impulsores da chamada “Unión Monárquica” (Calvo Sotelo, José Antonio Primo de Rivera, o Conde de Guadalhorce, etc.), acabaría militando durante a 2ª República na extrema dereita representada polo Bloque Nacional calvosotelista.

Será neste preciso pero convulso marco cando editará Taladrid Catá, como defensa do seu labor e como arroupamento para as pretensións políticas que albergaba novamente Soto Reguera no distrito, o primeiro dos seus dous opúsculos, Progreso del distrito de Vivero en los años 1910 a 1930, que infelizmente non puidemos consultar para a confección deste traballo. Interesa subliñar, en todo caso, como o posicionamento pro-ditatorial de Soto Reguera e Taladrid na delicada situación histórica de 1930 arrastrou consigo boa parte do prestixio e da adhesión de que “Vivero y su Comarca” gozara ata entón entre moitos demócratas.

Ocaso societario na aurora republicana

Coa 2ª República instaurada, o ministerio encabezado por Marcelino Domingo removerá ata as raíces o sistema educativo, abrindo unha fase de melloras nas infraestruturas, nos salarios, nas dotacións de material, nos métodos pedagóxicos, etc., etc. que é vista hoxe case unanimemente polos historiadores da educación como un período realmente brillante e esperanzador, sen paragón na atribulada historia hispana ata aquela data.


Pouco campo de verdadeira intervención lle restaba neste escenario a unha entidade como “Vivero y su Comarca”. As dificultades e apretos económicos da masa emigrada en Cuba sumáronse ao descrédito dos seus grandes valedores na Península e no distrito viveirés (Soto Reguera, Taladrid…). Na nova fase democrática, o bo nome da entidade ficou contaminado inevitabelmente pola actitude deses seus históricos representantes, identificados entón publicamente como desprezábeis caciques primorriveristas. Chegado o momento, Taladrid mesmo ha ser acusado en 1933 de entorpecer adrede as xestións que se realizaban na nosa vila para a construción do ansiado Grupo Escolar.
 
Mais a fariña deste costal, como a da historia de “Vivero y su Comarca” desde o fatídico 36 en adiante, ben merece outras muiñadas máis excelentes e documentadas que esta nosa que aquí concluímos coa esperanza de termos sabido colmar os desexos de moitas persoas de saber máis sobre unha das entidades máis emblemáticas e apaixonantes do Viveiro do pasado século. Así sexa.